A Rede SARA (Sistemas de Aplicacións e Redes para as Administracións) é un conxunto de infraestruturas de comunicacións e servizos básicos que conecta as redes das Administracións Públicas Españolas (Ministerios, Comunidades Autónomas, Entes Locais e outros organismos públicos) e Institucións Europeas facilitando o intercambio de información e o acceso aos servizos. SARA caracterízase por ser unha rede segura, fiable e de alta capacidade e dispoñibilidade.

Cales son os servizos alcanzables a través da Rede SARA?

A rede SARA permite que as administracións compartan entre elas todos os servizos que consideren necesarios. Ademais existen unha serie de servizos comúns básicos que facilitan o despregamento da oferta de administración electrónica aos que as diferentes administracións poden acceder:

  • Verificación dos datos de identidade e residencia.
  • Plataforma de validación de firma electrónica.
  • Solicitude de cambio de domicilio.
  • Notificación electrónica fehaciente.
  • Pasarela de pagamento.
  • Rexistro electrónico común.
  • Consultas do estado de expedientes.
  • Catálogos de procedementos das AAPP.
  • Videoconferencia.
  • Voz IP.
  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía.
  • Servizos de nova creación.

 
Acceso ao catálogo de servizos proporcionados a través de SARA:

1.Se non dispón de acceso á rede SARA
2.Se xa dispón de acceso á rede SARA

 

REQUISITOS MÍNIMOS DE ACCESO

Unha entidade local galega para dispoñer de acceso a Rede SARA e aos seus servizos deberá cumprir os seguintes requisitos ou trámites:

1. Estar integrada na Rede Corporativa da Xunta de Galicia (RCXG).

2. Asinar o acordo coa Xunta para acceder ás solucións tecnolóxicas básicas de eAdministración contidas no convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica a través da funcionalidade de Sala de sinatura virtual existente no portal Eidolocal.

3. Solicitar o acceso a SARA e aos seus servizos, a través da Rede corporativa da Xunta de Galicia (RCXG), cumprimentando e asinando o formulario correspondente.

 

Servizo de DNS na Rede SARA

Para solicitar o alta/baixa/modificación no servizo de DNS na rede Sara dos nomes e IPs asignados aos servidores utilizados por unha entidade local para a integración ou utilización de servizos disponibles en SARA adoptando uns nomes baixo o dominio de DNS que ten publicado a Xunta na rede SARA: *.sara.xunta.es deberase enviar a cau-periferico@xunta.gal o formulario: “Solicitude servizo DNS” cumplimentado e asinado dixitalmente.

 

Certificado de servidor SSL *.sara.xunta.es

Para solicitar á Xunta un certificado de servidor de validación de organización (monodominio – SSL ou multidominio – SSL SAN) que dependa do dominio: *.sara.xunta.es a nome do concello ou a renovación dun certificado, deberase autorizar á Xunta a súa tramitación cunha Autoridade de Certificación (CA) polo que, para a solicitude ou renovación, se debe utilizar o documento de “Autorización solicitude certificado de servidor seguro de validación de organización (monodominio – SSL ou multidominio – SSL SAN)”. No correo dirixido ao CAU (cau-periferico@xunta.gal) no que solicite o/s certificado/s de servidor deberán achegar:

1) A autorización de solicitude de certificado de servidor seguro (Monodominio ou Multidominio segundo proceda). A URL a especificar na autorización deberá ter o seguinte formato: *.nomeconcello.sara.xunta.es. É importante que na autorización se indiquen exactamente os dominios que debe cubrir o certificado. Deberá indicarse a URL principal (e secundarias se é multidominio).

2) Decreto de nomeamento da persona que asina a autorización.

3) Arquivo CSR.

3) Datos de contacto da persoa da entidade que actuará de interlocutora coa Xunta para todas as xestións co certificado (nome, apelidos, conta de correo e teléfono).

Identificador Formato Nombre Descripción
10011 Documento Solicitude de conexión SARA e de uso do/s servizo/s da plataforma SARA Solicitude de conexión SARA e de uso dos servizo/s (de validación de sinatura electrónica ...
20020 Enlace Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prest... Enlace a información sobre o convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a ...
Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
112 Comunicación Apertura/peche portos cara ao exterior da Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico
111 Comunicación Compra ou préstamo de equipamento de comunicacións para conexión á Rede Corporativa da Xun... Correo electrónico
109 Comunicación Conexión remota á Rede da Xunta de Galicia e a sistemas de EE.LL. integrados na RCXG (VPN) Correo electrónico
114 Aplicaciones y servicios finales Correo electrónico-Eidolocal Correo electrónico
108 Comunicación Internet/ Direccionamento IP na Rede Corporativa da Xunta de Galicia. Correo electrónico
107 Comunicación Liña de conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico
Fecha modificación

26/07/2023

Proveedor/Responsable del servicio

Goberno de España/ Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administraciones

Beneficiario

Entidades locales

Modo de consumo

No aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio PMSBAE