Ficha biblioteca

Evento Curso de prevención de riscos laborais nivel básico
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación08/02/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasRelacións laborais, Seguridade e saúde laboral Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais
Detalles contido
LugarTeleformación OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
14/03/2017 9:00 20:00
11/05/2017 9:00 20:00
Evento

Resolución do 1 de febreiro de 2017 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Requisitos dos participantes

Empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web

Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 23 de febreiro de 2017.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Obxectivos.

Proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Destinatarios.

Empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento.

  • Modalidade: teleformación.
  • Duración: 60 h edición.
  • Edicións: tres.
  • Datas: do 14 de marzo ao 11 de maio de 2017.
  • Proba final presencial: o día 11 de maio ás 10.00 horas.
  • Prazas: 50 por edición.

Contido.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

2. Riscos xerais e a súa prevención.

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.

5. Primeiros auxilios.

6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.

 

Temas:Relacións laborais, Seguridade e saúde laboral
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar