Ficha biblioteca

Evento Curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación09/02/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte, Territorio, Urbanismo Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Este curso ten por obxectivo dar a coñecer ao persoal da Administración pública en Galicia os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial a través do concepto estratexia DUSI e da convocatoria do IDAE
Detalles contido
LugarSantiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
02/03/2017 9:00 14:00
02/03/2017 16:00 19:00
09/03/2017 9:00 14:00
09/03/2017 16:00 19:00
16/03/2017 9:00 14:00
16/03/2017 16:00 19:00
23/03/2017 9:00 14:00
23/03/2017 16:00 19:00
30/03/2017 9:00 14:00
30/03/2017 16:00 19:00
06/04/2017 9:00 14:00
06/04/2017 16:00 19:00
13/04/2017 9:00 14:00
13/04/2017 16:00 19:00
20/04/2017 9:00 14:00
20/04/2017 16:00 19:00
27/04/2017 9:00 14:00
27/04/2017 16:00 19:00
04/05/2017 9:00 14:00
04/05/2017 16:00 18:00
11/05/2017 10:00 14:00
11/05/2017 16:00 18:00
Evento

Obxectivos.

O curso ten, entre outros, os seguintes obxectivos:

• Dar a coñecer ao persoal da Administración pública en Galicia os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial a través do concepto estratexia DUSI e da convocatoria do IDAE.

• Profundar na necesidade de incorporar esta visión e obxectivos estratéxicos da EE2020 na planificación municipal galega.

• Transmitir a necesidade de desenvolver este tipo de estratexias non só para optar a fondos Europeos do período 2014-2020 senón tamén como instrumento que permite aumentar a capacidade de interlocución das entidades locais con axentes privados e outros organismos de financiamento.

• Dar a coñecer unha metodoloxía e ferramentas de xestión de fondos europeos a través da implementación das estratexias DUSI.

• Coñecer experiencias de referencia de desenvolvemento, implementación e xestión das estratexias DUSI.

• Dar a coñecer unha metodoloxía para a confección de pregos públicos de licitación de asistencia técnica de xestión e avaliación da estratexia.

• Formación básica para o control e interrelación con outros axentes/equipos internos e externos intervenientes no proceso de elaboración de estratexias DUSI que permita unha axeitada supervisión, xestión e avaliación do dito traballo.

Destinatarios.

O curso está dirixido a aqueles profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:

1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.

2. Pertencer aos grupos I ou II do persoal laboral.

3. Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, cargos electos, así como profesionais que se atopen en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

Desenvolvemento.

O curso desenvolverase na EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, entre o 2 de marzo e o 11 de maio de 2017.

Terá unha carga lectiva de 100 horas teórico-prácticas distribuídas do seguinte xeito:

• 58 horas presenciais, en sesións de 4 horas pola mañá e 3 horas pola tarde, todos os xoves, agás o xoves 4 de maio, que se desenvolverá nunha sesión de 4 horas pola mañá e de 2 horas pola tarde, e o xoves 11 de maio, nunha sesión matinal de 3 horas e nunha sesión vespertina de 2 horas.

• 22 horas non presenciais, de traballo en liña titorizado.

• 20 horas de traballo individual final titorizado.

Durante o desenvolvemento deste curso, levarase a cabo un control permanente da asistencia mediante os sistemas que se establezan para este efecto. Os alumnos terán que acreditar mediante a súa sinatura a asistencia a cada unha das sesións académicas.

 Prazo de inscrición e documentación requirida.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da convocatoria do curso no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 17 de febreiro de 2017, ou ben ata que se cubra a totalidade das prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán inscribirse accedendo á parte da área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/login.php) que figura na web da EGAP.

Todas as persoas solicitantes, agás as que pertenzan á Administración autonómica, deberán enviar, antes de que finalice o prazo de inscrición, un correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal, achegando copia da certificación acreditativa do grupo de destinatarios a que pertencen ou, se for o caso, copia do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.

Contido

Resolución completa

 

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte, Territorio, Urbanismo
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar