Ficha biblioteca

Nova A AGASP convocan cursos de formación continua para o persoal da seguridade pública que traballa en Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
A AGASP convocan cursos de formación continua para o persoal da seguridade pública que traballa en Galicia Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares
17/02/2017|DOG

Resolucióndo 16 de febreiro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal da seguridade pública que traballa en Galicia.

Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

Así mesmo, reservarase un máximo do 10 % das prazas ofertadas nesta convocatoria ao persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia e o soliciten en tempo e forma correctos.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

é preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións; no suposto de non seren correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. Cando o curso para o cal presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formación.agasp@xunta.es) ou de acordo co establecido nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2017 para os cursos que comecen no mes de marzo e ata o 15 de marzo para o resto dos cursos.

No suposto das prazas reservadas para persoal da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica, os responsables destas deberán indicar a cobertura destas ao Servizo de Formación en Seguridade Pública, cunha antelación mínima de 10 días naturais antes do comezo de cada curso.

Os membros da Policía Autonómica, Garda Civil e Policía Nacional poderán solicitar de xeito individual a realización dos cursos desta convocatoria en que estean interesados.

4. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a cinco.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras cinco accións formativas solicitadas.

 Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir, sen necesidade dunha nova publicación no DOG.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Denominación

Mediación policial

Básico de investigación de accidentes de tráfico. A toma de datos

Básico de manexo do bastón policial extensible

Apertura de portas

Apertura de portas

As leis 39/2015 e 40/2015: aplicación policial

Elaboración de atestados. Nivel I

Videovixilancia, protección de datos: actuación policial

Parada e control de vehículos e os seus ocupantes

Detección de drogas na condución

Comunicación con persoas estranxeiras a través de intérpretes

Prostitución, trata de brancas e pornografía infantil

Sede xudicial

Estranxeiría

Delitos de odio

Condución 4 × 4

Falar en público ante a comunidade escolar *

Relacións cos medios de comunicación *

As leis 39/2015 e 40/2015: aplicación policial

Básico de transportes

Acoso escolar, redes sociais e absentismo escolar

Normativa básica. Nivel I

Traballo en equipo

Servizo de taxi I

Dereito penal

O estatuto da vítima

Violencia de xénero: actuación policial

Prevención de riscos: actividade policial

Prevención de riscos: actividade policial

Policía local e ambiente: urbanismo

Defensa verbal e persuasión

Inglés básico en comunicacións de emerxencia

Delitos contra a seguridade do tráfico

Intervención policial con entrada en domicilios e outros lugares pechados

Policía local e ambiente: incendios

Mediación policial

Rescate en altura e medio natural

Policía local e ambiente: ruídos

Intervención de persoas con trastornos psicolóxicos ou baixo influencia de alcohol ou drogas

Patrón de embarcacións de recreo (PER) *

Condicións técnicas dos vehículos. Nivel I

Actuacións inmediatas, coordinación cos servizos de emerxencias. Nivel I

O menor como vítima do delito

A detención policial: presupostos procesuais e consecuencias penais

Delincuencia sexual

Actuación ante delitos leves

Atención a menores

Temas:Administración local, Ensino e formación, Emerxencias e seguridade cidadá
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar