Ficha biblioteca

Evento IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación17/02/2017 FonteDeputación de Lugo
Taxonomía
TemasArtes escénicas, Cultura, Museos e exposicións Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Lugo Ámbitos xeográficosLugo
Imaxe do contido
Descrición O IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación que se vai desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial os días 10,11 e 31 de marzo, e o 1 de abril
Detalles contido
LugarLugo OrganizadorDeputación de Lugo Datas
DíaHora inicioHora fin
10/03/2017 9:30 14:30
10/03/2017 16:30 20:30
11/03/2017 11:00 14:30
11/03/2017 16:00 21:00
31/03/2017 16:00 20:30
01/04/2017 16:00 20:30
Evento

A deputada delegada da área de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación que se vai desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial os días 10,11 e 31 de marzo, e o 1 de abril. Cítanse neste congreso nas diferentes xornadas profesionais da museoloxía, a educación, a comunicación e a arte para facernos partícipes dos seus proxectos e provocar o debate público.

Debido ás características do formato deste congreso, dispoñemos dun aforo reducido. A reserva de prazas será por rigorosa orde de inscrición. O número de prazas será de 50 para o público en xeral. O prazo de inscricións comeza o 22 de febreiro de 2017.

Toda a información relativa a este IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación (Programa, relatores, calendario, horario, comunicacións e inscricións) pode consultala neste documento (VER).

Se precisa información adicional pode dirixirse a xenerosRMP@gmail.com / tfno..: 982242112


Enlaces de interese:
2836_IV Congreso XénerosRMP.pdf

Temas:Artes escénicas, Cultura, Museos e exposicións
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Lugo
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Enviar