Ficha biblioteca

Nova Xunta e Fegamp colaborarán na realización das probas dos corpos da Policía Local para favorecer a calidade dos procesos selectivos
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Xunta e Fegamp colaborarán na realización das probas dos corpos da Policía Local para favorecer a calidade dos procesos selectivos Rueda afirma que con esta fórmula lograrase asegurar a cobertura das prazas solicitadas, así como favorecer a calidade dos procesos selectivos: contando cun mesmo temario e coa mesma formación
17/02/2017|Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do acordo que autoriza a sinatura do protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Fegamp para cooperar na realización de probas selectivas dos corpos da Policía Local de Galicia.

Rueda afirmou que con esta fórmula lograrase asegurar a cobertura das prazas solicitadas, así como favorecer a calidade dos procesos selectivos: contando cun mesmo temario e coa mesma formación.

Así mesmo, as probas selectivas centralizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública, onde se leva a cabo xa na actualidade a formación destes policías e doutros corpos de seguridade de Galicia como: bombeiros, policías autonómicos, GES ou protección civil.

O vicepresidente da Xunta afirmou que con este protocolo dáse un paso máis na colaboración cos concellos “e, tamén, na mellora da seguridade pública, ao asegurar a cobertura das prazas vacantes e ao acadar unha policía local cada vez máis profesional e competitiva”, incidiu.

Temas:Administración local, Emerxencias e seguridade cidadá
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar