Ficha biblioteca

Nova Convocadas actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación20/03/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoNovas, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia
Detalles contido
Convocadas actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia
20/03/2017|DOG

Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web .

Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

CURSOS

Eido do Réxime xurídico e xestión das entidades locais

O novo réxime de tesouraría municipal. Especial referencia aos municipios de menos de 5000 habitantes

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

Racionalización de recursos humanos na Administración local

Fórmulas de cooperación en xestión de subvencións nos concellos de Galicia

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Extinción e liquidación de entes municipais. Remunicipalización dos servizos sociais

Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia

As relacións de postos de traballo na Administración local

Fiscalización de subvencións

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización

Xestión patrimonial nas entidades locais

Réxime disciplinario en materia urbanística no ámbito local

Análise de custos nas administracións públicas. O custo efectivo dos servizos na Administración local

Actualización en materia normativa básica de réxime local

O novo regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e a súa incidencia na Administración local

A nova instrución de contabilidade local: especial referencia ás contas anuais

Simplificación administrativa e desburocratización no ámbito local

Guías prácticas de exercicio da función interventora en pequenos e medianos concellos

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Os orzamentos das entidades locais. Informes de viabilidade e regra de gasto

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

A contratación pública local. Fiscalización e xestión da contratación menor e negociada de pequenos concellos

A función de control e inspección urbanística nos pequenos municipios

Responsabilidade patrimonial da Administración pública

Eido da Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Tramitación electrónica integral no marco da Lei 39/2015

Seguridade da información na Administración local

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

Documentación electrónica. Arquivamento electrónico. Dixitalización de documentos

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

Sinatura electrónica

Certificado dixital

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOfficeCalc)

Adaptación dos concellos á Lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos

Eido da Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Dirección eficaz e xestión de equipamentos

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

Atención á cidadanía

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

Exposición ao amianto nos edificios. Xestión do risco

Negociación e traballo en equipo

Técnicas elementais de arquivos

Prevención e xestión de conflictos

Plan formativo ofimático de Galicia

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

Convocatoria completa

Temas:Administración electrónica, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar