Ficha biblioteca

Nova O Concello volve a organizar o LibreTeo coa intención de consolidar esta cita sobre o software libre
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación20/03/2017 FonteConcello de Teo
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Interoperabilidade Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Emprendedores/as OrganizaciónsConcello, A Coruña / TEO Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O Concello de Teo celebra o 1 de abril unha segunda edición do LibreTeo “coa intención de consolidar esta cita co software libre e o coñecemento e a cultura
Detalles contido
O Concello volve a organizar o LibreTeo coa intención de consolidar esta cita sobre o software libre O Concello de Teo celebra o 1 de abril unha segunda edición do LibreTeo “coa intención de consolidar esta cita co software libre e o coñecemento e a cultura
20/03/2017|Concello de Teo

Esta actividade desenvolverase na Ramallosa durante toda a xornada do sábado 1 de abril, coincidindo coa celebración do #arduinoday. Será na Ramallosa, co Auditorio Constante Liste, como sede central, aínda que tamén se usarán espazos da Casa do Concello. A información sobre a oferta de actividades do LibreTeo xa se poden consultar premendo aquí e de feito a inscrición nos diferentes talleres xa está aberta. A concelleira destaca “o esforzo do Concello por presentar unha oferta de actividades variada e interesante na que tentamos atender as diferentes franxas de idade con talleres para adultos/as pero tamén para nenos/as e mocidade”. Todas as actividades son de balde.

Durante esta xornada celebrarase a primeira Lan Party de Teo para a que hai 50 prazas e que estará funcionando durante 5 horas dende as 09:00 horas. Tamén haberá un obradoiro lúdico aberto no que poderán estar os máis pequenos/as en horario de mañá e tarde e no que se abordarán temas relacionados coa tecnoloxía dende un punto de vista lúdico. Para estar neste obradoiro tamén é preciso anotarse.

Os talleres tratarán temas como electrónica básica para nenos/as, arduino dende cero, audio e poscasting, instagram ou a webserie recentemente premiada nos Mestre Mateo “Galicia Crime”. Tamén haberá unha proxección das mellores fan-movies de Star Wars.

Temas:Administración electrónica, Interoperabilidade
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Emprendedores/as
Organizacións:Concello, A Coruña / TEO
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar