Ficha biblioteca

Evento Curso de transparencia e bo goberno na Administración local
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación03/04/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Transparencia e participación cidadán, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Deputación de Ourense, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición Este curso ten por obxectivo proporcionar un coñecemento en profundidade da normativa básica estatal e autonómica en materia de transparencia aplicada ao ámbito local
Detalles contido
LugarOurense OrganizadorEgap e Deputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
23/05/2017 16:00 19:00
24/05/2017 16:00 19:00
25/05/2017 16:00 19:00
26/05/2017 16:00 19:00
29/05/2017 16:00 19:00
30/05/2017 16:00 19:00
31/05/2017 16:00 19:00
Evento

Resolución do 21 de marzo de 2017 pola que se convocan cursos para persoal da Administración local de Galicia.

Requisitos dos participantes

Persoal ao servizo da Administración local de Galicia, e en caso de vacante, persoal de Administración autonómica e estatal, que estean en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web .

Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Curso de transparencia e bo goberno na Administración local.

1. Obxectivos.

• Proporcionar un coñecemento en profundidade da normativa básica estatal e autonómica en materia de transparencia aplicada ao ámbito local.

• Analizar as sinerxías administrativas derivadas da Administración electrónica, en particular, en relación co Portal de transparencia (Lei 39 e 40 de 2015).

• Abordar as dificultades no exercicio do dereito de acceso á información dos cidadáns e a aplicación dos límites legais, principalmente en materia de protección de datos.

• Analizar a metodoloxía e sistemas para a avaliación e seguimento do cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia.

• Ofrecer solucións concretas e liñas de actuación conducentes á implantación dunha verdadeira cultura de transparencia no ámbito local.

2. Destinatarios.

• Secretarios, interventores, secretarios-interventores e tesoureiros da Administración local. Habilitados de carácter estatal e persoal técnico da Administración local.

• Profesionais ao servizo das corporacións locais con postos ou funcións relacionadas cos contidos obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

  • Modalidade: presencial.
  • Duración: 20 horas.
  • Datas: do 23 ao 31 de maio de 2017.
  • Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (r/ Progreso, nº 30, 2º).
  • Prazas: 40.

4. Contido.

1. Aproximación ao marco normativo en materia de transparencia e estratexia de implantación coa Administración electrónica.

2. Obrigas de publicidade activa en materia organizativa, institucional, de planificación e de relevancia xurídica.

3. O portal de transparencia como ferramenta de garantía normativa. aspectos prácticos.

4. Transparencia económico-financeira e rendición de contas.

5. Dereito de acceso á información pública e aplicación dos seus límites.

6. Avaliación e seguimento das obrigas normativas. vías de reclamación

Temas:Administración local, Transparencia e participación cidadán, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Deputación de Ourense, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar