Ficha biblioteca

Nova A Xunta amplía prazo de solicitude da convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación19/04/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAutónomos/as, Empresas OrganizaciónsModernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O prazo para a presentación das solicitudes que remataba o 20 de abril ámplíase e rematará o día 11 de maio de 2017
Detalles contido
A Xunta amplía prazo de solicitude da convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural O prazo para a presentación das solicitudes que remataba o 20 de abril ámplíase e rematará o día 11 de maio de 2017
19/04/2017|DOG

Resolveuse a  modificación da Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento administrativo PR604A)

A Resolución do 10 de marzo de 2017 queda modificada como segue:

Un. O artigo 2.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 11 de maio de 2017.».

Dous. O artigo 5 da convocatoria queda redactado como segue:

«Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados na data límite de xustificación, que é o 15 de novembro de 2017.».

Tres. O artigo 8, puntos 1 e 2, da convocatoria queda redactado como segue:

«1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 15 de novembro de 2017.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 15 de novembro de 2017.».

Ata o 11 de maio as empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de Banda Larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

A Amtega destina a esta convocatoria un orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. Estas axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Os principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 megas e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.

Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Redes ultrarrápidas en polígonos

Esta convocatoria é a segunda actuación do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que en xullo de 2016 puxo en marcha unha primeira actuación para conectar 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 Mbps, que non contan con cobertura de redes ultrarrápidas nin previsión de dispoñer deste servizo.

En 2016 completouse o despregamento en 17 polígonos. En 2017 cubriranse outros 30 e en 2018 os 34 restantes. Deste xeito, no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. O resto cubriranse nas seguintes actuacións previstas no Plan.

Plan de Banda Larga 2020

O Plan de Banda Larga de Galicia 2020 foi aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, e asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

Orde de convocatoria completa

Modificación

Temas:Administración electrónica, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Autónomos/as, Empresas
Organizacións:Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar