Ficha biblioteca

Nova Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) Aberto prazo de solicitude das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020
20/04/2017|DOG

Consellería do Mar 

Extracto da Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se amplía o crédito da Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. BDNS (Identif.): 307856.

Finalidade

O obxecto desta orde é ampliar o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos non-produtivos, con cargo á aplicación 14.03.723C.780.0, na anualidade corrente da convocatoria para o ano 2017 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 450.933 €.

O crédito orzamentario é para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2017 e a plurianualidade asociada ás axudas que poidan concederse.

Bases reguladoras

Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar empadroado ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial do GALP correspondente.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

c) No caso de municipios densamente poboados nos que na EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias), poderán ser beneficiarios:

i. As persoas xurídicas e as persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias. (Para estes efectos, entendese por familias ás persoas físicas que conten dentro da súa unidade familiar, cun membro de ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que sexa pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a, ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballara neste sector de maneira significativa).

ii. As entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

d) Os beneficiarios dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme, excepto as entidades públicas de carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

e) Non ser unha empresa en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crises (2014/C249/01).

2. Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento non produtivo:

a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.

b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.

c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.

d) Entidades públicas locais.

e) Asociacións declaradas de utilidade pública.

f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:

1º. Fomentar as actividades náuticas.

2º. Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.

3º. Fomentar o medio ambiente mariño e costeiro.

4º. Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.

3. Nos municipios densamente poboados nos que na EDLP non computa a totalidade da poboación, poderán ser beneficiarias as entidades indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto 1, cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro e as súas familias, ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

4. Ademais, as entidades cumprirán os seguintes requisitos:

a) Ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial do GALP correspondente.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

As entidades sinaladas nos artigos 6 e 7 poderán concorrer de maneira individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades.

Importe

Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos non-produtivos, con cargo á aplicación 14.03.723C.780.0, na anualidade corrente da convocatoria para o ano 2017 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 450.933 €.

Prazo 

Presentación de solicitudes aberta ata o 1 de marzo de 2020. Coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo do exercicio vixente realizarse unha primeira fase de adxudicación de axudas, e se non se esgota o crédito orzamentario, coas solicitudes presentadas ata o 1 de setembro de cada ano, realizarase unha nova fase de adxudicación de axudas.

DOG Nº. 72 - AMPLIACIóN CRéDITO
DOG Nº. 72 - EXTRACTO
DOG Nº. 109 (do 9 xuño 2016) - BASES REGULADORAS
Temas:Pesca e marisqueo
Colectivos:Asociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio Rural e do Mar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar