Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra fornece cunha nova web ao tecido asociativo do deporte
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
A Deputación de Pontevedra fornece cunha nova web ao tecido asociativo do deporte A Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha unha nova ferramenta de comunicación dixital co tecido asociativo do deporte na provincia
21/04/2017|Código Cero

Trátase de da páxina web Depo Informa, unha base de datos de clubs deportivos a través da cal todas as entidades poderán transmitir e recadar información en tempo real de asuntos relevantes para o devandito tecido asociativo, como por exemplo liñas de axudas ou subvencións, entre outros.
Para poñelas ao tanto das vantaxes da ferramenta, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu nos últimos días unha serie de cartas destinadas ás asociacións, clubs e demais entidades acerca de Depo Informa. Este novo servizo en liña, sinalou, ten como obxectivo extra fomentar e facilitar as súas relacións administrativas coa entidade que preside.
A posta en marcha de Depo Informa é unha das iniciativas contempladas no Plan Estratéxico do Deporte 2017-2020. A web, explica a Deputación, nace como “un centro de consulta e información dixital, un novo mecanismo de comunicación no que poder contar cunha ampla variedade de información de interese”. As entidades interesadas poderán inscribirse cubrindo o formulario de adhesión que se pode atopar na propia ligazón da web.

Temas:Deporte
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar