Ficha biblioteca

Nova pasaXe!: Outros 4 novos servizos de interoperabilidade dispoñibles
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
pasaXe!: Outros 4 novos servizos de interoperabilidade dispoñibles Engádense novos servizos da Dirección Xeral de Tráfico e do Ministerio de Xustiza
26/04/2017|Amtega

As Entidades Locais poderán consultar a partir de agora 4 novos servizos de interoperabilidade a través da plataforma pasaXe! Esta é a iniciativa que a Xunta de Galicia leva a cabo para converterse no nodo de Intermediación das AAPP galegas, e ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionar aos cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito para relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aquela documentación en disposición de calquera Administración Pública.

A través de pasaXe! as Entidades Locais de Galicia poden consultar 46 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, a AEAT, a D. X. da Policía, a D. X. do Catastro, a D.X. de Tráfico, o Imserso, o INSS, o INE, o Sepes, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Cervantes. Na ficha do servizo de Eido Local, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.

 

A continuación detállanse os novos servizos de interoperabilidade dispoñibles a través de pasaXe!, en función do cedente destes.

 

Dirección Xeral de Tráfico

  • Consulta de datos de vehículos: Servizo que permite a través da documentación (Matrícula, Bastidor, NIVE) a consulta de todos os datos relativos ao vehículo en cuestión.
  • Consulta de datos de condutores/as: Servizo que permite a través da documentación (NIF/NIE/CIF) a consulta de todos os datos do condutor consultado.

 

Ministerio de Xustiza

  • Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais por NIF: Servizo que permite consultar se existe unha posible coincidencia no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais do cidadán en cuestión, realizando unha consulta á identidade para obter os datos necesarios para realizar a consulta ó servizo final.
  • Consulta de inexistencia de antecedentes penais por NIF: Servizo que permite consultar se existe unha posible coincidencia no Rexistro Central de Penados do cidadán en cuestión, realizando unha consulta á identidade para obter os datos necesarios para realizar a consulta ó servizo final.

 

Pode atopar toda a documentación e información necesaria para darse de alta e comezar a utilizar a plataforma pasaXe! na seguinte ligazón.


Calquera cuestión quedamos a súa disposición na conta de correo oficina.econcellos@xunta.gal ou ben no teléfono 981.95.75.95

Temas:Administración pública
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Administración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Entidades Locais
Ámbitos xeográficos:Galicia, Provincias, Concellos
Valorar:
Enviar