Ficha biblioteca

Nova Cooperación cos concellos en materia de Infraestruturas e Medio Ambiente, temas das comisións informativas da Deputación
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación19/05/2017 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente, Infraestruturas Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición As comisións informativas da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de maio, celebran as súas reunións hoxe xoves, 18 de maio, no Pazo Provincial. Nas xuntanzas abordaranse temas de cooperación cos concellos en materia de Infraestruturas e Medio Ambiente
Detalles contido
Cooperación cos concellos en materia de Infraestruturas e Medio Ambiente, temas das comisións informativas da Deputación As comisións informativas da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de maio, celebran as súas reunións hoxe xoves, 18 de maio, no Pazo Provincial. Nas xuntanzas abordaranse temas de cooperación cos concellos en materia de Infraestruturas e Medio Ambiente
19/05/2017|Deputación de Ourense

En concreto, na comisión de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural tratarase o cambio de titularidade da antiga variante da estrada provincial OU-1201 da que a Deputación de Ourense é a actual titular, mediante permuta coa estrada municipal de enlace da OU-540 (As Conchas) coa OU-1202 (As Carreiras), da que é titular o Concello de Muíños.

Nese mesmo senso, abordarase a cesión á Deputación de Ourense da estrada municipal de Xinzo a Vilar de Barrio, con orixe na N-525 en Xinzo e remate na estrada provincial OU-1102, no termo municipal de Sarreaus.

Na comisión informativa de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente tratarase o convenio de cooperación, cunha duración de catro anos, entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a contratación do servizo de explotación e mantemento e da subministración de enerxía eléctrica das instalacións de abastecemento en "Razamonde-San Trocado". Asemade, na xuntanza abordarase a modificación do convenio entre a Deputación con estes concellos para a prestación de asistencia para a xestión das instalacións de abastecemento en alta "Razamonde-San Trocado", durante o primeiro semestre de 2017.

Por outra banda, tamén abordarán o convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e as entidades locais da provincia para a prestación de asistencia técnica no relativo á xestión de abonados nos servizos municipais do ciclo urbano da auga. A través deste convenio, a Deputación prestaralles ás entidades locais adheridas a asistencia técnica que resulte necesaria para a realización materiais de padróns, lectura de contadores, asistencia á facturación e/ou cobro, realización de inspeccións, cortes, restablecemento de subministración e precintado de contadores, sen delegación da xestión tributaria que seguirá a ser función propia da administración municipal. O servizo será prestado pola Deputación a través da entidade AquaOurense.

As entidades locais interesadas en adherirse a dito convenio remitiranlle á Deputación de Ourense o acto administrativo de adhesión, a cal será eficaz se a entrada do documento no rexistro xeral da Deputación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, o primeiro día hábil do mes seguinte ou se a entrada se realiza entre os días 16 e o último de cada mes, o 15 día hábil do mes seguinte.

Pola súa parte, na comisión Especial de Contas e de Facenda e Economía tratarase a modificación da Ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos prestados na Rede de Centros de Recollida de Animais Abandonados, publicada no BOP n.º 39 do día 17 de febreiro de 2014.

Por último, na comisión de Cultura, Deportes e Mocidade tratarase o expediente para o outorgamento da medalla de ouro da provincia de Ourense ao insigne escritor ourensán Carlos Casares, así como designar ao deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, como instrutor do expediente, asistido polo asesor de política Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, quen actuará como secretario do expediente.

Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente, Infraestruturas
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar