Ficha biblioteca

Evento Curso monográfico Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación08/06/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoNovas, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O curso está dirixido ao persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, estatal, autonómica ou local, persoal ao servizo da Administración de xustiza, así como da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector público de Galicia, e interesados en xeral
Detalles contido
LugarSantiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
29/06/2017 10:00 19:00
30/06/2017 10:00 14:00
Evento

1. Obxectivos.

As autoridades e funcionarios públicos atopámonos cada vez máis expostos aos riscos das accións xudiciais de exixencia de responsabilidades. En ocasións confúndense irregularidades, invalideces, nulidades e ilícitos penais. Este curso mostrará con exemplos prácticos as diferenzas entre os distintos tipos de rendición de contas, capacitando aos funcionarios e axentes da Administración para o mellor e máis seguro servizo público.

2. Contidos.

Neste curso monográfico trataranse, entre outros, os seguintes temas:

• O réxime das responsabilidades dos axentes da Administración: problemática actual e análise xurisprudencial.

• As responsabilidades administrativas: patrimoniais, disciplinarias e contables.

• As responsabilidades penais: delitos contra a Administración pública.

• Outros delitos.

• Como evitar incorrer en responsabilidades? Precaucións procedementais e remedios xurídicos.

3. Destinatarios.

O curso está dirixido ao persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, estatal, autonómica ou local, persoal ao servizo da Administración de xustiza, así como da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector público de Galicia, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

  • Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
  • Datas: 29 e 30 de xuño de 2017.
  • Horario: día 29, en horario de mañá e tarde; día 30, en horario de mañá.
  • Duración: 15 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 20 de xuño de 2017.

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar