Ficha biblioteca

Evento Curso monográfico Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación10/07/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Este curso vai dirixido ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
Detalles contido
LugarSantiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
04/09/2017 16:30 20:30
05/09/2017 16:30 20:30
11/09/2017 16:30 20:30
12/09/2017 17:00 20:00
Evento

1. Obxectivos:

O curso ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento das competencias comunicativas proporcionando ás persoas participantes as destrezas, estilos e estratexias que favorecerán a comunicación positiva nas actividades de información e asesoramento ao público.

Procede destacar os seguintes obxectivos principais:

• Dotar as persoas participantes de mellores competencias comunicativas, verbais e non verbais, para o traballo de atención ao público.

• Fomentar o desenvolvemento de estratexias de comunicación positivas e eficaces.

• Mellorar as habilidades e destrezas de atención á cidadanía nas persoas participantes.

2. Contidos:

Os contidos organízanse a partir de dous bloques temáticos:

– Introdución á comunicación.

Neste bloque trataranse os seguintes temas:

• Conceptos básicos relativos á comunicación.

• A comunicación verbal e non verbal.

• Comunicación expresiva e receptiva.

– Estratexias para unha comunicación positiva.

Neste bloque abordaranse os temas seguintes:

• Respecto e empatía.

• Asertividade.

• Escoita activa e respectuosa.

• Prevención e resolución de conflitos.

3. Persoas destinatarias:

Persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento:

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: os luns e martes, días 4, 5, 11 e 12 de setembro de 2017.

Horario: os días 4, 5 e 11 de setembro, das 16.30 ás 20.30 horas; o día 12 de setembro, das 17.00 ás 20.00 horas.

Duración: 15 horas lectivas.

5. Número de prazas: 35 persoas.

6. Inscrición:

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 25 de xullo de 2017.

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar