Ficha biblioteca

Nova O concello do Grove implanta e pon ao servizo da cidadanía a sede electrónica municipal
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
O concello do Grove implanta e pon ao servizo da cidadanía a sede electrónica municipal Establécese e identifícase a sede electrónica do Concello do Grove, en aplicación do disposto no artigo 38 da Lei 40/2015, no enderezo http://concellodogrove.sedelectronica.gal
11/08/2017|BOPPO

Establécese e identifícase a sede electrónica do Concello do Grove, no enderezo http://concellodogrove.sedelectronica.gal co seguinte contido:

a) A sede electrónica configúrase como o enderezo electrónico cuxa titularidade, xestión e administración corresponde ao Concello do Grove no exercicio das súas competencias, a través da cal a cidadanía accederá á información e aos servizos e trámites electrónicos do Concello do Grove.

b) Esta sede electrónica do Concello de Grove será común a todos aqueles órganos e organismos públicos que integran a súa estrutura.

c) O enderezo electrónico de referencia da sede electrónico do Concello do Grove é http://concellodogrove.sedelectronica.gal que será accesible directamente ou a través da web municipal.

d) Correspóndelle a titularidade da sede electrónica ao Concello do Grove

e) Na sede electrónica estará dispoñible tamén o procedemento para formular queixas e suxestións.

Publicase o presente acordo para xeral coñecemento no BOP de Pontevedra e en todas as localizacións telemáticas das que sexa titular o Concello do Grove e divulgar o contido e o seu espírito para xeral coñecemento tanto en galego como en castelán.

Temas:Administración electrónica
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empresas
Organizacións:Pontevedra / GROVE O
Ámbitos xeográficos:Pontevedra / GROVE O
Valorar:
Enviar