Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Ourense aproba preto de 65.000 euros para temas de medio ambiente e infraestruturas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación11/08/2017 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente, Infraestruturas Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 64.905 euros en axudas destinadas a temas de medio ambiente e infraestruturas.
Detalles contido
A Deputación de Ourense aproba preto de 65.000 euros para temas de medio ambiente e infraestruturas A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 64.905 euros en axudas destinadas a temas de medio ambiente e infraestruturas.
11/08/2017|Deputación de Ourense

Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de agosto.

En concreto, na reunión aprobáronse dúas axudas para a Diocese de Ourense, unha por importe de 15.000 euros para facilitar os traballos de atención do Arquivo Diocesano e, a outra axuda de 6.000 euros para a rehabilitación do tellado da Ermida de San Pablo en San Paio, no termo municipal de Maside.

No apartado de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para o municipio de Castrelo do Val de 20.000 euros destinada á reparación de danos causados polo temporal nas plantacións de castiñeiros. Outra das axudas foi para o Concello da Gudiña por importe de 8.905 euros para levar a cabo a obra de mellora da iluminación pública de Canizo, incluída nos servizos enerxéticos do municipio. Por último, para o Concello de San Xoán de Río unha axuda de 15.000 euros destinada á construción de beirarrúas na rúa O Campo.

Asemade aprobáronse dúas modificacións do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial correspondentes ao exercicio 2017. A primeira delas afecta ao Concello de Cortegada que reduce o orzamento da obra "entronque con estrada OU-0801" a 25.000 euros, destinando os 30.000 euros restantes do Plan a traballos no parque empresarial de Cortegada. A outra modificación afecta ao municipio de Esgos que incorpora ao Plan a obra "conexión Pardeconde-Xaravedra", en substitución da obra "construción do velorio municipal de Esgos", cun orzamento de 55.000 euros.

Temas:Administración local, Medio ambiente, Infraestruturas
Colectivos:Asociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar