Ficha biblioteca

Nova O Portal de Transparencia e Goberno Aberto acumula máis de 80.000 visitas no seu primeiro ano
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación13/09/2017 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Transparencia e participación cidadán Tipo de contidoNovas, Estudos, Estatísticas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empresas, Outras administracións OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O vicepresidente da Xunta, presentoulle esta mañá á valedora do Pobo, o balance estatístico do Portal de Transparencia e Goberno aberto e tamén lle fixo entrega do informe sobre as queixas e suxestións dos cidadáns e sobre a transparencia nos concellos galegos
Detalles contido
O Portal de Transparencia e Goberno Aberto acumula máis de 80.000 visitas no seu primeiro ano O vicepresidente da Xunta, presentoulle esta mañá á valedora do Pobo, o balance estatístico do Portal de Transparencia e Goberno aberto e tamén lle fixo entrega do informe sobre as queixas e suxestións dos cidadáns e sobre a transparencia nos concellos galegos
13/09/2017|Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentoulle esta mañá á valedora do Pobo, Milagros Otero, o balance estatístico do Portal de Transparencia e Goberno aberto posto en marcha pola administración autonómica hai un ano, coincidindo coa entrada en vigor da nova Lei de Transparencia.

Alfonso Rueda, que estivo acompañado pola directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, indicou que o informe estará a disposición da cidadanía no Portal de Transparencia e Goberno Aberto.

Desde a súa posta en marcha, en marzo do pasado ano, e ata final de 2016, o portal recibiu case 66.000 visitas e foron consultadas máis de 380.000 páxinas. Se se teñen en conta tamén os primeiros meses de 2017, as visitas superan as 80.000. Tamén é salientable o dato referido ás peticións de acceso á información pública, das que máis do 80 por cento xa se resolveron expresamente e o 20 por cento restante está en trámite de resolución.

O Portal de Transparencia contén máis de 650 páxinas web nas que se poden visualizar máis de 450 documentos. Dá así cumprimento á Lei galega de transparencia, que ten como obxectivo fundamental facilitar á cidadanía unha maior cantidade de información da que dispoñía ata o momento e máis da que establece a lexislación básica estatal: en concreto, máis de 50 elementos a maiores. Deste xeito, Galicia converteuse na comunidade autónoma que máis obrigas ten asumido a través da súa normativa autonómica.

No encontro, o vicepresidente tamén fixo entrega do informe da oficina de defensa dos usuarios dos servizos públicos, en relación coas suxestións e queixas achegadas polos cidadáns. Este documento dá cumprimento á Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa Administración, e recolle os datos semestrais e o balance global anual de tramitación das suxestións e queixas relativas ao funcionamento do sector publico autonómico correspondente ao ano 2016. Para facer as súas achegas, os cidadáns poden acollerse a calquera das canles habilitadas ao efecto: rexistro da Xunta, teléfono ou sede electrónica, o que lles permite acceder os 365 días ao ano as 24 horas do día.

No informe -que se pode consultar neste enderezo web-, detállase que no ano 2016 a Administración galega recibiu un total de 632 queixas e 40 suxestións. Por parte da Oficina de Defensa das Persoas Usuarias dos Servizos Públicos, estanse a analizar os datos estatísticos de suxestións e queixas a efectos de promover unha mellora continua dos servizos públicos autonómicos. De feito, a raíz das suxestións e queixas presentadas pola cidadanía, foron detectadas distintas áreas susceptibles de mellora que deron lugar a adopción de diversas medidas de cara á mellor prestación dos servizos públicos da Administración.

Xa por último, o terceiro dos informes dos que se fixo entrega foi o estudo sobre a situación dos Portais de transparencia dos concellos galegos, un documento que se daba a coñecer a pasada semana e que é unha proba da colaboración a prol da transparencia entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Universidade de Vigo.

Temas:Administración electrónica, Transparencia e participación cidadán
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empresas, Outras administracións
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar