Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña colabora colabora coa UIMP no seu programa de cursos avanzados
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación13/09/2017 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasEnsino e formación Tipo de contidoNovas, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición A Deputación da Coruña colabora coa UIMP nas actividades compostas por encontros e conferencias de distintas áreas de coñecemento
Detalles contido
A Deputación da Coruña colabora colabora coa UIMP no seu programa de cursos avanzados A Deputación da Coruña colabora coa UIMP nas actividades compostas por encontros e conferencias de distintas áreas de coñecemento
13/09/2017|Deputación da Coruña

Innovación na administración pública, coordinación ante grandes aglomeracións, transición enerxética, obesidade como epidemia dos nosos tempos ou ciberseguridade son algún dos temas que centran o programa de cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo que hoxe presentaron na Deputación da Coruña o director Jaime Rodriguez Arana, e no que participaron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei e o concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande ademais directores e directoras dos cursos.

"Os cursos da UIMP contribúen á saída do coñecementos da Universidade do seu entorno académico e, neste sentido, son pioneiros á hora de facer accesíbel o coñecemento e as figuras da investigación a un público máis alá do universitario", sinalou Goretti Sanmartín Rei na súa intervención en que destacou o contido de "interese social" dos propios cursos ademais da novidade do ciclo e conferencias "Talento e Sociedade", en que participarán Darío Villanueva, Mabel Loza ou Andreu Palop.

O director da UIMP en Galiza, Jaime Rodríguez Arana, destacou que o programa de cursos avanzados é a actividade máis relevante anual cun plan para o presente cuadrimestre que está conformado por cursos e encontros con contidos diversos e a actualidade como denominador común. "Trátase dun proxecto colectivo dirixido por persoas de relevo composto por encontros que son continuidade e a novidade de conferencias con materias relevantes de actualidade", explicou Rodríguez Arana ao tempo que destacou a multidisciplinariedade duns encontros que visitan materias de ciencias sociais, cultura, a innovación nas administracións públicas ou a nova política urbanística.

Debullou Rodríguez Arana o programa dos cursos facendo fincapé no dirixido por Xosé Antonio Fraga sobre Salvador de Madariaga, "Innovación na administración pública" a cargo de Manuel Arenilla; "Políticas públicas e servizos sociais", dirixido por Victoria de Dios Vieitez, "O rol das políticas urbanas e o urbanismo nos próximos vinte anos" de Almudena Fernández, "O futuro do protocolo" de Rafael Vidal ou dous da área sanitaria como son "Camiñando cara a oncoloxía de precisión a través da biopsia líquida" de Rafael López López e "Obesidade Epidemia do século XXI" dirixido por Felipe Casanueva". Ademais, o programa inclúe dous cursos do ámbito cultural como son o encontro arredor da xeroperformance a cargo do artista brasileiro Paulo Bruscky dirixido por Silvia Longueira e "Pensar con sons. Sinfonismo Galego", de Maximino Zumalave. Dous temas de actualidade intégranse tamén no plan dos cursos, "Coordinación ante grandes aglomeracións" dirixido por Roberto Lage e "Hacking ético para novos escenarios da ciberseguridade", a cargo de Pablo González Pérez.

Temas:Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar