Ficha biblioteca

Nova A comarca de Bergantiños contará neste curso con tres obradoiros de emprego destinados a 52 alumnos-traballadores
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación14/09/2017 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasEmprego, Ensino e formación Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Economía e Industria Ámbitos xeográficosBergantiños
Imaxe do contido
Descrición O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou o compromiso claro da Xunta para traballar na creación de postos de traballo de calidade e estables
Detalles contido
A comarca de Bergantiños contará neste curso con tres obradoiros de emprego destinados a 52 alumnos-traballadores O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou o compromiso claro da Xunta para traballar na creación de postos de traballo de calidade e estables
14/09/2017|Xunta de Galicia

As comarcas de Carballo e a Costa da Morte desenrolarán neste curso tres Obradoiros de Emprego, cun investimento total de máis de 700.000 euros. Así o deu a coñecer o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que destacou o “compromiso claro da Xunta para traballar na creación de postos de traballo de calidade, estables e coa mirada posta no futuro”. Rodeiro fixo fincapé no “obxectivo claro de dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reincorporarse ao mercado laboral”. “Non podemos esquecer ademais”, engadiu, “que grazas a estes obradoiros centos de persoas obterán un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en relación aos directores, ao persoal docente e administrativo. A Consellería de Economía, Emprego e Industria incrementou o orzamento nun 10% con respecto ao ano pasado.

Na comarca de Bergantiños comezarán ao longo deste mesmo mes dous obradoiros de carácter xeral. O Concello da Laracha impartirá, a partir da vindeira semana e xunto con Arteixo, as especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e traballos de carpintería e moble. Pola súa banda, Dumbría organiza, con Mazaricos e Santa Comba, un ciclo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e promoción turística local e información ao visitante. O comezo está previsto para o vindeiro día 29. Estes dous obradoiros están dotados cun investimento de 280.000 euros cada un e acollerán a 40 alumnos-traballadores. A duración dos obradoiros xerais amplíase de seis a nove meses. Así mesmo o Sistema de Garantía Xuvenil promoverá un obradoiro das especialidades de revalorización de espazos urbanos, e traballos de carpintería e moble, organizado polo Concello de Carballo, con 12 alumnos-traballadores, e que dispón dun orzamento de 140.000 euros.

Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

A selección dos alumnos e alumnas realizouse a través das oficinas de emprego, dándolle preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotasen as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse aqueles participantes que non recibisen atención anteriormente no Programa de garantía xuvenil.

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

Temas:Emprego, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Economía e Industria
Ámbitos xeográficos:Bergantiños
Valorar:
Enviar