Ficha biblioteca

Nova Subvencións concedidas ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación11/10/2017 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Muller e igualdade Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE)
Detalles contido
Subvencións concedidas ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE)
11/10/2017|DOG

Resolución do 3 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 16 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017.

Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) Estas axudas están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. No caso do programa de fomento da conciliación, no obxectivo temático 8, «promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», prioridade de investimento 8.4, «a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, incluídos o acceso ao emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada e a promoción de igual remuneración por igual traballo», obxectivo específico 8.4.2, «(Re)integrar e manter no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, e fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral»; e no caso dos outros dous programas de prevención da violencia de xénero e de apoio aos CIM, no obxectivo temático 9, «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3, «a loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1, «aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, e evitar, pola súa vez, a discriminación múltiple».

b) A aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

c) Estas axudas son incompatibles con outras axudas para a mesma actuación ou actividade nos termos establecidos no artigo 3 da convocatoria.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na demais normativa europea de aplicación, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

e) No artigo 6.7, no artigo 7.6, no artigo 8.7 e no artigo 23 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da subvención inicialmente concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

ANEXO I
Concesións

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A).

ANEXO II

Exclusións

 

Temas:Administración local, Muller e igualdade
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar