Ficha biblioteca

Nova Os concellos galegos impulsarán a achega de empresas a Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación11/10/2017 FonteFEGAMP
Taxonomía
TemasEconomía, empresa e emprego Tipo de contidoNovas, Convenios ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empresas OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Onte tivo lugar no pazo de Raxoi o acto de Sinatura do protocolo xeral de actuación entre o presidente Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia
Detalles contido
Os concellos galegos impulsarán a achega de empresas a Galicia Onte tivo lugar no pazo de Raxoi o acto de Sinatura do protocolo xeral de actuación entre o presidente Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia
11/10/2017|FEGAMP

Este martes tivo lugar o acto de sinatura do protocolo xeral de actuación para o fomento do tecido industrial galego. Coa firma deste protocolo búscase que os concellos poidan empolicarse de maneira directa no fomento da implantación e fixación de empresas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a posta en marcha da iniciativa “Concellos Doing Bussines Galicia”.

O presidente da Fegamp destacou que esta promoción e especialmente importante “para os polígonos do interior de Galicia, porque do contrario podemos falar sen parar do reequilibrio territorial, pero este non se producirá se non hai traballo nas comarcas do interior, a xente nova quedará na súa comarca se ten traballo e se non marchará, especialmente de Lugo e Ourense”, destacando que facía fincapé nestas zonas por ser ademais as que máis problemas teñen para acceder á implantación de empresas.

Tras acollerse a este protocolo de actuación, os concellos que se adhiran a el deberán adoptar medidas para que poidan recibir o selo. As principais medidas que terán que levar a cabo os concellos galegos pasarán por exemplo pola bonificación dos impostos relacionados coa implantación de empresas como o IAE, IBI e ICIO) e pola supresión das taxas de apertura de establecementos e prestación de servizos urbanísticos.

Os concellos se comprometen tamén a resolver solicitudes de obra maior nun período máximo de 30 días naturais dende que o concello dispón da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.

Por último, en materia de solo industrial, o protocolo insta a ofrecer prezos competitivos nas parcelas industriais municipais e establecer bonificacións para facilitar a achega de empresas ao seu concello.

En referencia  á medida posta en marcha Alfredo García destacou que“o éxito deste camiño que iniciamos neste momento non só depende da bonificación dos impostos ou da eliminación de taxas para que unha empresa se instale nun determinado lugar: “falamos especialmente de infraestruturas, de axudas; e esas cuestións non dependen de nós, se non que son alleas aos concellos”, insistiu.

A Xunta de Galicia adquiriu o compromiso nesta firma que favorecerá aos concellos adheridos a este protocolo como forma de incentivalos. Por exemplo os concellos adheridos ao selo Doing Bussines poderán incluír o seu solo industrial (no caso de telo) no Observatorio de Solo Empresarial creado pola Xunta de Galicia; tamén se establece unha discriminación positiva a favor de aqueles concellos solicitantes de subvencións destinadas a investimentos e gastos nos eidos industrial, do emprego e do emprendemento; a Xunta comprométese por último á creación dunha marca territorial, asociada á Oficina Doing Bussines, como plataforma de colaboración para reducir as cargas administrativas ás empresas e que funcione a modo de xanela única.

Acto de firma do protocolo xeral de actuación para fomentar o asentamento de empresas en Galicia
Temas:Economía, empresa e emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empresas
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar