Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña inicia o plan de formación para o persoal das áreas de Cultura dos concellos
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación14/11/2017 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, Ensino e formación Tipo de contidoNovas, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición Máis de setenta persoas contratadas nas áreas de cultura dos concellos participan desde hoxe no Pazo de Mariñán no plan formativo da Deputación da Coruña para persoal técnico e de animación sociocultural e de museos e centros de interpretación.
Detalles contido
A Deputación da Coruña inicia o plan de formación para o persoal das áreas de Cultura dos concellos Máis de setenta persoas contratadas nas áreas de cultura dos concellos participan desde hoxe no Pazo de Mariñán no plan formativo da Deputación da Coruña para persoal técnico e de animación sociocultural e de museos e centros de interpretación.
14/11/2017|Deputación da Coruña

A responsábel da área, Goretti Sanmartín Rei defendeu na inauguración do programa a profesionalización e as boas prácticas no sector.

Persoal dos concellos que traballan nos ámbitos de cultura –animación sociocultural e técnicos e técnicas de cultura- e en museos e centros de interpretación participan desde este luns no programa formativo da área de Cultura da Deputación da Coruña. De maneira especial, inscribíronse aquelas persoas que foron contratadas a través das dúas liñas de axuda para persoal, unha destinada a animación sociocultural e técnicos e técnicas de cultura e outra para o traballo en museos e centros de interpretación.

"Ampliouse o esforzo para sumar novos empregos no sector cultural e ese compromiso non podía ser só económico senón tamén formativo, achegando ferramentas e dando a coñecer os novos métodos para un traballo eficaz e que se adapte ás boas prácticas do ámbito", explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei que anunciou a intención de renovar e ampliar un programa formativo que terá continuidade nos vindeiros anos.

O curso afondará, segundo destacou a vicepresidenta, en "cuestións prácticas mais tamén teóricas que reflexionarán arredor da cultura que queremos, e a súa capacidade de construír unha sociedade máis libre e xusta, plural e diversa".

Canda Goretti Sanmartín, participaron na inauguración do curso os coordinadores Serxio Lago e Marcos Lorenzo, prestixiosos profesionais do sector, e dúas das persoas responsábeis da área de Formación da Deputación, Cruz Vamonde e Manuel Mariño.

Serxio Lago adiantou a metodoloxía de traballo da iniciativa que responde á "máxima de aprender compartindo, con formatos participativos para partillar experiencias e coñecementos". Anunciou que nos tres luns en que se desenvolverá o programa apostarase por dinámicas e traballo en equipo para a formación en xestión cultural.

Destacaron tamén a oportunidade que a iniciativa supón á hora de se atoparen os profesionais e compartir os retos dos nosos tempos.

Ademais de Marcos Lorenzo e Sergio Lago, integran o equipo docente profesionais como Armando Broz, Ana Lorenzo, Diego Parajó, Alberto García, Araceli Corbo, Beatriz Fontán e Uxío Novoneyra Rei.

As persoas participantes achegaranse a contidos como o deseño e avaliación de políticas culturais, participación cidadá e relación coa comunidade, introdución ao deseño e avaliación de políticas culturais, tendencias e boas prácticas na xestión cultural, novos modelos de xestión de equipamentos culturais, xestión integral de públicos ou diversificación financeira e cooperación público-privada-social.

Temas:Administración local, Cultura, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar