Ficha biblioteca

Evento Curso Básico de Seguridade no Manexo de Motoserras e Rozadoras
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación04/12/2017 FonteBOP de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación, Emerxencias e seguridade cidadá Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal das brigadas de medio ambiente e de obras das entidades locais, encargados da limpeza e mantemento da rede viaria e de áreas recreativas municipais
Detalles contido
LugarAllariz OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
13/12/2017 9:00 14:00
13/12/2017 15:30 18:30
Evento

“Curso Básico de Seguridade no Manexo de Motoserras e Rozadoras”

1.- Destinatarios

* Persoal das brigadas de medio ambiente e de obras das entidades locais, encargados da limpeza e mantemento da rede viaria e de áreas recreativas municipais.

* Persoal das brigadas de mantemento e zonas verdes do Concello de Allariz.

2.- Desenvolvemento

2.1.- Duración do curso: 8 horas lectivas.

2.2.- Datas do curso: o 13 de decembro de 2017, mércores.

2.3.- Horario de clases: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.

2.4.- Lugar: Instalacións do Concello de Allariz.

2.5.- Prazas: 15 participantes.

2.6.- Número de edicións: unha.

3.- Obxectivos

* Dar a coñecer e diferenciar as partes dunha motoserra e unha rozadora, grupo motor e órgano de corte, así como as diferentes pezas e o seu funcionamento.

* Instruír aos asistentes para que sexan capaces de montar e desmontar as pezas principais da motoserra e a rozadora co fin de conseguir un bo mantemento destas.

* Aprender a realizar correctamente os labores de mantemento e revisión que necesita unha motoserra e unha rozadora.

* Estudar de forma práctica as diferentes técnicas de apeo de árbores con seguridade, así como desramado e tronzado.

4.- Programa.

4.1. A motoserra: visión xeral da materia a impartir.

4.1.1. Tipo e aplicacións.

4.1.2. Partes da motoserra: motor. órganos de corte. Mecanismos de seguridade. O embrague.

4.2. Técnicas de utilización da motosierra.

4.2.1. Métodos para poñer en marcha a motoserra.

4.2.2. Suxeición da motoserra durante o traballo.

4.2.3. Técnicas de corte: precisión e zonas de utilización da espada.

4.2.4. Tensor de cadeas.

4.3. Mantemento da motoserra.

4.3.1. Necesidades de limpeza.

4.3.2. Afiado da cadea.

4.3.3. Lubricación dos órganos de corte: sistemas. Funcións e lubricantes.

4.4. Prevención de riscos laborais.

4.4.1. Conceptos xerais.

4.4.2. Normas de seguridade no traballo con motoserras: seguridade física e ergonómica.

4.4.3. Equipo de seguridade persoal para traballos con motoserras.

4.5. A rozadora.

4.5.1. Visión xeral da materia a impartir.

4.5.2. Tipo e aplicacións.

4.5.3. Partes da rozadora. Motor. órganos de corte. Mecanismos de seguridade.

4.6. Técnicas de utilización da rozadora.

4.6.1. Métodos para poñer en marcha a desbrozadora.

4.6.2. Suxeición da rozadora durante o traballo.

4.6.3. Técnicas de corte: precisión e utilización dos discos.

4.7. Mantemento da rozadora.

4.7.1. Necesidades de limpeza.

4.7.2. Tipos de elementos de corte.

4.7.3. Lubricación dos órganos de corte: sistemas. Funcións e lubricantes.

4.8. Prevención de riscos laborais.

4.8.1. Conceptos xerais.

4.8.2. Normas de seguridade no traballo con rozadora: seguridade física e ergonómica.

4.9. Práctica.

4.9.1. Técnica de apeo, desramado e tronzado con motoserras.

4.9.2. Técnicas de roza.

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará cinco días naturais antes do inicio do curso.

Temas:Administración local, Ensino e formación, Emerxencias e seguridade cidadá
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar