Ficha biblioteca

Nova Deputación de Ourense e Sogama poñen en marcha a campaña provincial de compostaxe doméstica 2017 - 2018
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación05/12/2017 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente, Concienciación e sensibilización, Desenvolvemento sostible, Protección do medio Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición Manuel Baltar e Javier Domínguez asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio de cooperación entre ambas entidades para a realización desta iniciativa dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes
Detalles contido
Deputación de Ourense e Sogama poñen en marcha a campaña provincial de compostaxe doméstica 2017 - 2018 Manuel Baltar e Javier Domínguez asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio de cooperación entre ambas entidades para a realización desta iniciativa dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes
05/12/2017|Deputación de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, Javier Domínguez, asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio de cooperación entre ambas entidades para a realización da Campaña provincial de compostaxe doméstica 2017–2018. Esta iniciativa pretende dar servizo a calquera concello da provincia cunha poboación menor aos 20.000 habitantes (todos agás a capital ourensá) interesados en participar, con prioridade daqueles que non realizaran campañas anteriores.

O convenio, cunha duración dun ano, recolle que a Deputación de Ourense asume as tarefas de xestión e coordinación para o desenvolvemento desta campaña, mentres que Sogama, deberá aboar á Deputación a cantidade correspondente ao 50% do convenio, xa que será o ente provincial, a través do Servizos de Augas e Medio Ambiente, o encargado de contratar e certificar o correcto desenvolvemento da campaña e de efectuar os pagos á empresa encargada da mesma e aos subministradores de material.

A campaña, que poderá desenvolverse polos medios propios das entidades que asinaron o convenio ou a través de calquera fórmula de xestión indirecta, estrutúrase en diferentes fases referidas á divulgación e selección de participantes, á formación e ao seguimento. A primeira delas abrangue a divulgación, captación e selección dos participantes. Será nesta etapa cando se promoverá a participación dos veciños a través do compromiso de colaboración dos concellos que queiran formar parte da campaña.

O material que se empregará para realizar a campaña constará de composteiros cunhas determinadas condicións que permitan obter compós de calidade, de manuais para cada un dos participantes co modelo e estrutura de Sogama, e do material de comunicación para a divulgación da campaña.

A segunda fase refírese ao programa de formación a través do cal se transmitirán os coñecementos necesarios para que os participantes poidan realizar un compós de calidade nos seus fogares de maneira autónoma.

Por último, a terceira fase da campaña está relacionada co programa de seguimento, isto é, coa realización de visitas aos composteiros para comprobar a correcta realización do compós, e así poder axudar, aclarar dúbidas ou recoller propostas dos participantes.

Temas:Administración local, Medio ambiente, Concienciación e sensibilización, Desenvolvemento sostible, Protección do medio
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar