Ficha biblioteca

Nova O Consello da Xunta aproba a creación dunha bolsa de interinos para a cobertura de postos de habilitación nacional
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 1 de 5 (1)
O Consello da Xunta aproba a creación dunha bolsa de interinos para a cobertura de postos de habilitación nacional O Goberno galego dá O Goberno galego dá resposta así ás demandas do concellos que precisab resposta así ás demandas do concellos que precisaban cubrir as prazas vacantes de tesoureiros, interventores e secretarios
05/12/2017|Xunta

O Consello da Xunta aproba a Orde que establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para desempeñar postos de habilitación nacional para os concellos galegos que o precisen, cubrindo así as prazas vacantes de tesoureiros, interventores e secretarios municipais.

No seo da Comisión Galega de Cooperación Local, estudouse a problemática actual dos concellos para cubrir as prazas de interventores, tesoureiros e secretarios, todos de habilitación nacional, polo que mediante esta orde se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para cubrir estas vacantes, mentres non se cubran de xeito definitivo ou mediante nomeamento provisional, comisión de servizos ou acumulación.

Coa creación das listas de interinos, o obxectivo do Goberno galego é permitir ás entidades locais cubrir as vacantes de funcionarios de habilitación de carácter nacional de forma áxil e eficaz, sen ter que soportar o custo económico que supón a realización dun proceso selectivo para cubrir cada unha das vacantes que se produzan e con respecto absoluto á súa autonomía local.  As entidades locais galegas poden solicitar voluntariamente a cobertura destes postos polo sistema que se prevé nesta orde cando non sexa posible a súa provisión de xeito definitivo ou mediante nomeamento provisional, comisión de servizos ou acumulación.

Requisitos

Constituirase unha única bolsa de ámbito autonómico para cada Secretaríaintervención, secretaría e intervención-tesourería, categoría de entrada. As persoas candidatas poderán solicitar a inclusión en cada unha das tres bolsas e deberán optar por unha zona de preferencia. As zonas de preferencia son: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

Como requisitos xerais, os solicitantes deben ter a nacionalidade española xa que o Real decreto 543/2001, que recolle o principio de acceso ao emprego público dos nacionais doutros Estados en condicións de igualdade cos españois, exixe para o acceso ás subescalas de secretaría, intervención- tesourería, e secretaría- intervención, da escala de Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, ter a nacionalidade española.

En canto á titulación exixida, cómpre acreditar estar en posesión, ou estar en condicións de obtela titulación académica exixida para o acceso á correspondente subescala de acordo co previsto no artigo 22 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional. Ademais, deben ter superado unha proba tipo tests sobre o temario que se determina, acreditar o coñecemento da lingua galega co nivel Celga 4 ou equivalente e superar un curso de formación.

O persoal que solicite a súa inclusión nas listas de interinos terá que facelo utilizando de forma exclusiva os medios electrónicos, e tras a aprobación das listas definitivas, os integrantes terán que realizar un curso de formación en liña nas seis semanas seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Interventores/as, Secretarios/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar