Ficha biblioteca

Nova 425 desempregados lucenses beneficiaranse dos cinco programas integrados de emprego que a Xunta activa na provincia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación07/12/2017 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Economía e Industria Ámbitos xeográficosLugo
Imaxe do contido
Descrición Estes programas, que teñen uno ano de duración e un obxectivo de inserción do 30%, inclúen accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais
Detalles contido
425 desempregados lucenses beneficiaranse dos cinco programas integrados de emprego que a Xunta activa na provincia Estes programas, que teñen uno ano de duración e un obxectivo de inserción do 30%, inclúen accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais
07/12/2017|Xunta

A Xunta activa na provincia de Lugo cinco programas integrados de emprego, que se porán en marcha nas próximas semanas, e que buscan incrementar as oportunidades laborais de 425 persoas sen emprego.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria suporá un investimento de máis dun millón de euros que se distribúen entre concellos e entidades sen ánimo de lucro.

Dez concellos e dúas entidades lucenses

En concreto, nesta provincia, dos cinco programas previstos tres deles foron promovidos polos concellos de Vilalba, con Guitiriz e Abadín; Barreiros, con Mondoñedo e Foz; e Friol, con Begonte, Rábade e Outeiro de Rei.

No que respecta ás entidades sen ánimo de lucro, os beneficiarios e promotores dos programas integrais de emprego foron a Asociación Empresarios de Hostelería de Lugo (Aphel) e a Confederación de Empresarios lucense (Cel), o que amosa a implicación e compromiso do tecido empresarial da provincia.

Balseiro subliñou un dato clave: A Consellería de Economía, Emprego e Industria atendeu todas as solicitudes presentadas na provincia, que cumpriron con todos os requisitos e, polo tanto, o cen por cen dos concellos e entidades que se interesaron por promover esta iniciativa contaron co apoio da Xunta.

Un ano de duración

Os programas integrados de emprego, que teñen uno ano de duración, están enfocados á mellora da ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes, é dicir, 130 desempregados. Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos empregos.

O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os obradoiros, as lanzadeiras de emprego ou a iniciativa Formación á porta para cualificar a 500 mozos e mozas en 30 concellos do rural.

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Economía e Industria
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Enviar