Ficha biblioteca

Evento Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación09/01/2018 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Este curso ten entre os seus obxectivos analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos: conceptos fundamentais e principios
Detalles contido
LugarVigo OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
24/01/2018 16:00 19:00
24/01/2018 9:00 14:00
25/01/2018 16:00 19:00
25/01/2018 9:00 14:00
26/01/2018 9:00 14:00
Evento

Conforme os fins que asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 20/1989, do 10 de xullo),

Resólvese

Convocar o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública, de acordo coas bases que se indican a seguir:

1. Obxectivos:

Os obxectivos fundamentais deste curso monográfico son os seguintes:

• Analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos: conceptos fundamentais e principios.

• Motivar os participantes na reflexión estratéxica para facer fronte aos desafíos do sector público.

• Profundar no coñecemento e no manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas.

• Coñecer algunhas experiencias de planificación estratéxica levadas a cabo na Administración pública.

• Aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.

2. Contidos:

Neste curso monográfico serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

• Consideracións sobre a planificación estratéxica na Administración pública.

• O proceso de elaboración dun plan estratéxico xeral.

• O proceso de elaboración dun plan operativo anual.

• O sistema de seguimento e avaliación dun plan operativo anual.

• Experiencias de planificación estratéxica na Administración española.

3. Persoas destinatarias:

O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

1º. Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

2º. Grupos I e II do persoal laboral.

4. Desenvolvemento:

  • O curso terá unha duración de 20 horas lectivas.
  • Desenvolverase os días 24, 25 e 26 de xaneiro de 2018.
  • Horario: os días 24 e 25, en horario de mañá e tarde; o día 26, en horario de mañá.
  • Lugar: Vigo. Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; r/ Concepción Arenal, 8.

5. Número de prazas: 40.

6. Inscrición:

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula/.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 17 de xaneiro de 2018.

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar