Ficha biblioteca

Nova Programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico en xestión cultural e/ou animación sociocultural, ano 2018
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico en xestión cultural e/ou animación sociocultural, ano 2018 A Deputación da Coruña publica #Bases reguladoras do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico en xestión cultural e/ou animación sociocultural, ano 2018
11/01/2018|Bop Coruña

PROGRAMA DE SUBVENCIóNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA CONTRATAR PERSOAL TéCNICO EN XESTIóN CULTURAL E/OU ANIMACIóN SOCIOCULTURAL, ANO 2018

BASES ESPECíFICAS DO PROGRAMA (complementarias das bases reguladoras xerais)

Datos do programa

  • Denominación: Programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico en xestión cultural e/ou animación sociocultural, ano 2018
  • Referencia: FO206/2018
  • Aplicación orzamentaria: 0612/3341/46201-
  • Importe mínimo: 750.000 € Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
  • Importe do orzamento de gastos: Sen límite Importe da subvención que se ha conceder:
  • Persoal técnico en animación sociocultural: máximo de 10.000 € Persoal técnico en xestión cultural: máximo de 15.000 €
  • Importe solicitado: Ata o 80% do orzamento de gastos subvencionable
  • Coeficiente de financiamento: 0,80 Base

Obxecto.

1.–Obxecto específico do programa FO206/2018.

O obxecto do programa é a creación de emprego no ámbito da acción cultural municipal a través do fomento da contratación e o financiamento das retribucións do persoal técnico especializado das áreas municipais de cultura. En concreto, as axudas económicas obxecto deste programa destinaranse ao mantemento dos servizos existentes e ao fomento da contratación para o reforzo ou creación de servizos novos, conforme ás seguintes catro finalidades:

  • Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural. Diríxese a financiar as retribucións do persoal técnico en animación sociocultural xa contratado polos concellos.
  • Mantemento do persoal técnico en xestión cultural. Diríxese a financiar as retribucións do persoal técnico en xestión cultural xa contratado polos concellos.
  • Contratación de persoal técnico en animación sociocultural. Diríxese a favorecer a contratación e financiar as retribucións do persoal técnico en animación sociocultural contratado a partir do proceso de selección vinculado a esta convocatoria.
  • Contratación de persoal técnico en xestión cultural. Diríxese a favorecer a contratación e financiar as retribucións do persoal técnico/a en xestión cultural contratado a partir do proceso de selección vinculado a esta convocatoria

Os concellos serán os encargados de pagar directamente as súas nóminas e Seguridade Social e non se admitirán contratos de servizos. A Deputación contribuirá cun importe igual por concello/agrupación de concellos de ata:

  • Un máximo de 15.000 € no caso do persoal técnico en xestión cultural. 
  • Un máximo de 10.000 € no caso do persoal técnico en animación sociocultural. Estes importes máximos corresponden a contratos a tempo completo e duración anual, no caso de non ser así, reduciranse os importes proporcionalmente.

O resto dos custos do persoal, que deben ser acordes á súa categoría profesional, deben ser sufragados polo concello beneficiario, que sexa como for deberá asumir, como mínimo, o 20% do custo total.

A participación neste programa non suporá relación contractual ningunha entre a Deputación e o persoal técnico contratado. O persoal técnico contratado desenvolverá nos concellos, con carácter xeral, os traballos de:

a) Dinamización e mediación sociocultural do territorio

b) Intervención socioeducativa cos diferentes grupos de idade

c) Deseño e desenvolvemento de políticas de apoio á creación cultural e artística local

d) Deseño e desenvolvemento de políticas de xeración de oferta cultural no ámbito local

e) Desenvolvemento de enfoques relacionais e cooperativos cos campos do patrimonio, turismo, educación, igualdade, servizos sociais e medio ambiente no municipio e comarca

2.–Gastos subvencionables neste programa: 

  • 640 Soldos e salarios
  • 642 Seguridade Social a cargo da entidade

–Obrigas das entidades locais.

Obrigas específicas das entidades locais solicitantes do programa FO206/2018 Ademais das obrigas expresadas na base 6 das bases reguladoras, as entidades solicitantes de subvención neste programa terán as seguintes:

Realizar a contratación do técnico/a en xestión cultural e/ou animación sociocultural no ano 2018, en réxime de dereito laboral ou administrativo, con cumprimento das disposicións vixentes e respectando, en todo caso, os requisitos de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

O procedemento de selección do persoal poderá desenvolverse por parte do concello de forma parella ao procedemento de resolución das axudas, de maneira que a contratación efectiva do persoal non sufra demoras unha vez publicada a resolución definitiva do programa FO206. A duración temporal máxima do contrato subvencionado será de 12 meses a partir da data de sinatura deste, con data límite de remate no 30 de abril de 2019.

Modalidade A. MANTEMENTO DO PERSOAL TéCNICO EN ANIMACIóN SOCIOCULTURAL DAS áREAS MUNICIPAIS DE CULTURA

Modalidade B. MANTEMENTO DO PERSOAL TéCNICO EN XESTIóN CULTURAL DAS áREAS MUNICIPAIS DE CULTURA

Modalidade C. CONTRATACIóN DE PERSOAL TéCNICO EN ANIMACIóN SOCIOCULTURAL PARA AS áREAS MUNICIPAIS DE CULTURA

Modalidade D. CONTRATACIóN DE PERSOAL TéCNICO EN XESTIóN CULTURAL PARA AS áREAS MUNICIPAIS DE CULTURA

Solicitude.

Prazo e presentación de solicitudes específicos do programa FO206/2018.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Temas:Administración local, Cultura, ocio e deporte, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Desempregados/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar