Ficha biblioteca

Nova Convocatoria de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación12/01/2018 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia
Detalles contido
Convocatoria de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018 Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia
12/01/2018|DOG

BDNS (Identif.): 379523.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva: aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, os afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V desta orde.

Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:

a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

c) As mancomunidades de concellos de Galicia.

d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

Quedan expresamente excluídas as deputacións provinciais.

Segundo. Obxecto

Regular os criterios de repartición e establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

Cuarto. Importe

Para financiar a convocatoria de subvencións destínase un total de 7.315.174 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar