Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) impulsan o Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación12/01/2018 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición Cun acto en Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Asociación Galega de de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) presentaron o Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural, un catálogo de exemplos para traballar mellor no ámbito cultural
Detalles contido
A Deputación da Coruña e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) impulsan o Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural Cun acto en Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Asociación Galega de de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) presentaron o Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural, un catálogo de exemplos para traballar mellor no ámbito cultural
12/01/2018|Deputación da Coruña

Representantes dos proxectos que se desenvolven en Santiago asistiron á primeira das presentacións territoriais na que interviron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o presidente de AGPXC, Alberto García e Ramiro Ledo, en representación de Númax, proxecto seleccionado e espazo en que se celebrou o acto.

O Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural recolle, até o de agora, un conxunto de 100 proxectos iniciais que se seguirá ampliando con criterios de calidade, impacto integral no territorio, sostibilidade ou inclusión de valores transformadores. Para a súa elaboración foron consultadas máis de 400 persoas do sector da xestión cultural en Galiza.

No acto de presentación en Santiago de Compostela participaron representantes de Númax, Curtocircuito, Cineuropa, Nexos, Axóuxere, Wos, Central Folque, Feito a Man, Festigal, Unitaria, Galicreques, Escenas do Cambio e as Festas da rúa de San Pedro, algún dos proxectos de Santiago recollidos na primeira fase do Banco.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, e o presidente de AGPXC, Alberto García, entregaron aos representantes de trece dos proxectos de Santiago a certificación "de boas prácticas" como recoñecemento de proxectos audaces, innovadores e de calidade. "Damos un paso adiante na reivindicación da nosa capacidade para crear proxectos culturais e na divulgación de moitos dos que se viñeron facendo ben nos últimos anos", sinalou Goretti Sanmartín nunha intervención en que destacou a calidade da xestión cultural e dos proxectos galegos como eixo para fuxir do recurso a modelos e especialistas de fóra.

"Cómpre reivindicar as experiencias galegas de cultura participada, de cultura como dereito, de cultura como implicación cidadá, que non naceron onte nin antonte, senón que teñen moitas delas décadas de traxectoria ou medraron agora nutríndose de sementes postas nos anos 70 ou 80", sinalou, na necesidade de coñecer a propia traxectoria de animación e xestión sociocultural de experiencias singulares como Nunca Máis ou Burla Negra ou do tecido local con entidades como O Galo de Santiago, Xermolos de Guitiriz, Francisco Lanza de Ribadeo, Sementeira de Viveiro ou Alexandre Bóveda da Coruña ou experiencias de cultura alternativa e de base dos 80 e 90 en Compostela, Vigo ou A Coruña.

Pola súa parte, o presidente da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural, Alberto García, mostrou a "sorpresa ao ver a altísima calidade dos proxectos recollidos no banco, que merecen ser recoñecidos e coñecerse, o que é un dos obxectivos da iniciativa".

No acto interviú tamén o responsábel de Númax, Ramiro Ledo, unha das iniciativas que se recollen no banco que explicou a singularidade do proxecto no que traballan cinco persoas e que, segundo explicou, colabora con diversas das entidades incluídas no catálogo de boas prácticas.

O Banco ten como obxectivo poñer a disposición de xestores e xestoras culturais, cargos públicos con responsabiliddes en políticas culturais e artistas, entre outros perfís, todo un escaparate de proxectos e exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.

O banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura. Foi coordinado por Sergio Lago e traballado por Adriana Castro e Nela Fraga, entre outras persoas colaboradoras.

O proxecto pódese consultar na ligazón: boaspracticas.xestoresculturais.gal

Temas:Administración local, Cultura
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar