Ficha biblioteca

Evento Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación24/01/2018 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Patrimonio, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Este curso ten por obxecto levar a cabo a análise da normativa sobre a responsabilidade patrimonial, dos procedementos administrativos para a súa efectividade, das súas diferentes dimensións (polo funcionamento normal ou anormal do servizo público, de autoridades e persoal ao servizo das administracións, do estado lexislador, por actos de concesionarios e contratistas...)
Detalles contido
LugarA Coruña OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
05/03/2018 9:00 15:00
06/03/2018 9:00 15:00
07/03/2018 9:00 15:00
08/03/2018 9:00 15:00
09/03/2018 9:00 15:00
10/03/2018 9:00 15:00
11/03/2018 9:00 15:00
12/03/2018 9:00 15:00
13/03/2018 9:00 15:00
14/03/2018 9:00 15:00
15/03/2018 9:00 15:00
16/03/2018 9:00 15:00
17/03/2018 9:00 15:00
18/03/2018 9:00 15:00
19/03/2018 9:00 15:00
20/03/2018 9:00 15:00
21/03/2018 9:00 15:00
Evento

1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días naturais contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

1. Obxectivos.

Análise da normativa sobre a responsabilidade patrimonial, dos procedementos administrativos para a súa efectividade, das súas diferentes dimensións (polo funcionamento normal ou anormal do servizo público, de autoridades e persoal ao servizo das administracións, do estado lexislador, por actos de concesionarios e contratistas...).

Análise práctico dos diferentes supostos, partindo dos máis recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos: Consello de Estado e Consello Consultivo de Galicia.

A materia presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal funcionario que tramite calquera tipo de expediente relativo á exixencia de responsabilidade patrimonial perante o órgano ou dependencia en que prestan servizos.

O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio profesional da súa función na medida en que a materia presenta múltiples dimensións, na medida en que todos os órganos administrativos están suxeitos a eventual exixencia de responsabilidade patrimonial por parte dos cidadáns, calquera que sexa o servizo público que presten: por actos materiais, polo exercicio ordinario das súas competencias, por atrasos na prestación do servizo, por actos lexislativos, por actos de funcionarios.

Por outra banda, na regulación do procedemento de exixencia de responsabilidade patrimonial existen múltiples aspectos non resoltos na normativa tales como as causas e prazos de prescrición, a caducidade, a lexitimación, a función dos órganos consultivos, a cuantificación dos danos, o concepto de nexo causal, os propios requisitos para apreciar un funcionamento anormal dun servizo, o caso fortuíto ou forza maior… e que dan lugar a unha intensa actividade xurisprudencial de interpretación e integración das leis que necesariamente teñen que coñecer aquel persoal funcionario que ordinaria ou eventualmente participa na tramitación deste tipo de expedientes. Así mesmo, é unha materia de gran interese xurídico e doutrinal.

2. Destinatarios.

Empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.

Preferentemente, persoal habilitado nacional e funcionario da Administración local dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes.

3. Desenvolvemento.

Modalidade: presencial

Duración: 27 horas.

– Segunda edición:

Lugar: A Coruña, Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2.

Datas: do 5 ao 21 de marzo de 2018.

Proba final presencial: o día 21 de marzo, ás 18.00 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

Sesión I. O Consello Consultivo de Galicia e as entidades locais: relacións e colaboración institucional.

Sesión II. Regulación actual, características e presupostos da responsabilidade da Administración.

Sesión III. Procedementos en materia de responsabilidade patrimonial.

– Procedemento ordinario.

– Procedemento abreviado.

Sesión IV. A responsabilidade de autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas.

Sesión V. A responsabilidade de contratistas e concesionarios.

Sesión VI. A responsabilidade por actos de natureza lexislativa.

Sesión VII. A responsabilidade patrimonial por actuacións urbanísticas I.

Sesión VIII. A responsabilidade patrimonial por razóns urbanísticas II.

Sesión IX. Exame final.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE núm. 267, do 8 de novembro, e corrección, BOE núm. 311, do 29 de decembro), pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos da Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as administracións públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,45 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG núm. 52, do 16 de marzo, e corrección, DOG núm. 77, do 22 de abril), sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

Convocatoria completa

Temas:Administración local, Patrimonio, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar