Ficha biblioteca

Evento Curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación07/02/2018 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O obxectivo principal deste curso é abordar o estudo das citadas modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos
Detalles contido
LugarSantiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
01/03/2018 11:00 14:00
01/03/2018 16:00 19:00
08/03/2018 11:00 14:00
08/03/2018 16:00 19:00
15/03/2018 11:00 14:00
15/03/2018 16:00 19:00
22/03/2018 11:00 14:00
22/03/2018 16:00 19:00
05/04/2018 11:00 14:00
05/04/2018 16:00 19:00
12/04/2018 11:00 14:00
12/04/2018 16:00 19:00
19/04/2018 11:00 14:00
19/04/2018 16:00 19:00
26/04/2018 11:00 14:00
Evento

Prazas: 100
Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.
No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.
Lugar: sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Datas: todos os xoves, entre o 1 de marzo de 2018 e o 26 de abril de 2018, agás o 29 de marzo de 2018.
Horas: 45 horas presenciais, distribuídas en 8 sesións: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14,00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).
Inscrición: desde as 8 horas do 8 de febreiro ata as 23 horas do 19 de febreiro en http://egap.xunta.gal/matricula

As persoas solicitantes, agás as que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal, a súa condición de persoal empregado público, así como estar en posesión da titulación solicitada.

Serán excluídas aquelas solicitudes que non acrediten o cumprimento dos requisitos con anterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, 19 de febreiro de 2018.

Matrícula: o importe da matrícula é de cen euros (100 €) para as persoas destinatarias que non teñan a condición de persoal empregado público, ás que se lles enviará, en caso de seren seleccionadas, as instrucións para realizar o pagamento.

Máis información no DOG do 7 de febreiro ou na ficha do curso

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar