Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan de Práctica Laboral 2018 e oferta 162 bolsas para os concellos de menos de 50.000 habitantes
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación13/02/2018 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Proxectos e plans ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición Os 59 concellos da provincia poderán solicitar as bolsas dende hoxe ata o día 26 de febreiro
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan de Práctica Laboral 2018 e oferta 162 bolsas para os concellos de menos de 50.000 habitantes Os 59 concellos da provincia poderán solicitar as bolsas dende hoxe ata o día 26 de febreiro
13/02/2018|Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha unha nova edición do Plan de Práctica Laboral nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, a través do cal ofrece a estes 59 concellos un total de 162 bolsas de práctica laboral.  O obxectivo do Plan de Práctica Laboral é promover e completar a formación de persoas con titulación universitaria ou formación profesional de ciclo superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, mediante a realización dun proxecto formativo que lles poida proporcionar a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Os concellos que queiran solicitar estas bolsas terán un período de presentación de solicitudes dende o 12 de febreiro ata o 26 de febreiro, para o que deberán cubrir o formulario de solicitude e presentar no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. Xunto ao formulario, os concellos achegarán o acordo favorable, por parte do órgano competente, de adhesión ao Plan de Práctica Laboral, así como o proxecto de práctica laboral que se vai desenvolver, no que se inclúe o perfil das persoas bolseiras e, entre outras cuestións, o contido das tarefas que van realizar. Os concellos tamén deberán incluír a designación do persoal do concello que se encargara da titoría da persoa seleccionada e a declaración responsable de manter os requisitos esixidos durante o período de vixencia da bolsa.

As 162 bolsas do Plan de Práctica Laboral nos concellos distribuirase en función de criterios de poboación, de xeito que os 23 concellos de ata 5.000 habitantes e os 14 de entre 5.001 e 10.000 disporán de 2 bolsas cada un e, os oito de entre 10.0001 e 15.000 mailos 14 de entre  15.001 e 50.000 habitantes terán á súa disposición 4 prazas cada un.

As novidades máis salientables este ano son a necesidade de solicitar unha titulación suplente para cada unha das bolsas solicitadas. Amais, nos casos de renuncia da persoa bolseira antes da finalización da bolsa, poderase solicitar a súa substitución sempre que non transcorra un prazo superior a catro meses desde a data de inicio da bolsa.  

Amais destas 162 bolsas nos concellos da provincia, o Plan de Práctica Laboral de 2018 ofertará tamén outras 38 bolsas nos servizos da institución provincial co obxectivo de impulsar a formación práctica e facilitar a inserción laboral das persoas recentemente graduadas en formación profesional ou tituladas universitarias.

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar