Ficha biblioteca

Nova Convocatoria e bases reguladoras para o programa Depotermal 2018
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data publicación14/02/2018 FonteBOPPO
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Programas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Maiores OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición Poderán adherirse a este programa todos os concellos da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras na xestión e hoxe ábrese prazo de solicitude
Detalles contido
Convocatoria e bases reguladoras para o programa Depotermal 2018 Poderán adherirse a este programa todos os concellos da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras na xestión e hoxe ábrese prazo de solicitude
14/02/2018|BOPPO

1. Beneficiarias e beneficiarios

Poderán adherirse a este programa todos os concellos da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras na xestión

Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou co número de identidade de estranxeiro (NIE), xunto coa copia compulsada da tarxeta de identidade de estranxeiro, a tarxeta familiar de cidadanía da Unión Europea ou o certificado do Rexistro central de estranxeiría ou do Rexistro de cidadanía da Unión Europea, segundo o caso

b) No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente

c) No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade

d) Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.

No caso de parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.

As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:

a) Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio

b) Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria

2. Obxecto

Constitúe o obxecto destas bases a regulación por parte da Deputación da convocatoria pública do programa “Depotermal” 2018, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

3. Lexislación aplicable

Bases reguladoras do programa, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra o 10 de novembro de 2017, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións; Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; Real decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade; Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia; Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia; Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal; Bases de execución do Orzamento provincial vixente.

4. Contía

A contía máxima dispoñible para levar a cabo o programa “Depotermal” para o ano 2018 é de cento dous mil (102.000,00) euros.

5. Prazo de presentación

Concellos que se adhiran ao programa: o prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das referidas bases no BOPPO

Persoas participantes: o prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista de concellos adheridos en www.depo.gal

6. Outros datos de interese

Condicións do programa:

O plan “Depotermal” 2018 pon en marcha dous programas termais cun total de 4.434 prazas:

a) Programa termal de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas, que contará con 1.248 prazas:

a. 1.000 prazas: a Deputación subvencionará 40  € por praza, o que supón un total de 40.000 €

b. 248 prazas (4 por concello adherido): a Deputación subvencionará 100 € por praza, o que supón un total de 24.800 €, para as persoas en situación de exclusión social ou en risco de estalo, para aquelas que teñan escasos recursos económicos ou para os casos nos que o programa resulte idóneo para a persoa solicitante

b) Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres, que contará con 3.186 prazas:

a. 3.000 prazas: as persoas beneficiarias aboarán a cantidade total resultante do prezo de adxudicación

b. 186 prazas (3 por concello adherido): a Deputación subvencionará 200 € do custo total do programa, o que supón un total de 37.200 €, para as persoas en situación de exclusión social ou en risco de estalo, para aquelas que teñan escasos recursos económicos ou para os casos nos que o programa resulte idóneo para a persoa solicitante.

As estadías nos establecementos poderán realizarse ata o 31 de decembro de 2018.

A institución provincial ofertará as estadías nos establecementos a través dunha empresa especializada na materia, que será a responsable da execución, coordinación e avaliación do programa.

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. En caso de que o número de solicitudes exceda o número de prazas ofertadas, a Deputación elaborará a lista seguindo a orde de prelación que se detalla na base novena.

Solicitudes e documentación: cada persoa poderá presentar unha solicitude, para a que deberá usar o modelo normalizado e achegar a documentación establecida na base sétima.

Bases

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Maiores
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar