Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña informa ás entidades sociais sobre as catro liñas de axuda ás que destina máis de dous millóns de euros
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
A Deputación da Coruña informa ás entidades sociais sobre as catro liñas de axuda ás que destina máis de dous millóns de euros As entidades de Servizos Sociais teñen até o 30 de abril para solicitar as subvencións
12/04/2018|Deputación da Coruña

Máis dun cento de entidades de Servizos Sociais asistiron esta maña á reunión convocado pola responsable da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, ánxela Franco, para dar conta dos principais características das catro liñas de axudas (FOAXE, FOIE, FOCVAA e FOIO0A ) ás que a institución provincial destina 2.200.000 euros.
Durante a xuntanza, a deputada e responsable da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, ánxela Franco, sinalou que os trocos introducidos nas liñas de subvencións teñen por obxecto "acadar un reparto máis equitativo e xusto dos investimentos de acordo á realidade que presenta cada concello".
Neste sentido, ánxela Franco lembrou que desde a Deputación se está a traballar na elaboración de un plan de acción e outro de diagnose, ao fin de establecer novas políticas de Igualdade, definir medidas de actuación no eido dos servizos sociais, mellorar a asistencia técnica e axustar a distribución dos orzamentos ás necesidades reais. Así convidou aos representantes das entidades a colaborar nas enquisas e actividades que se desenvolverán nos distintos municipios co obxectivo de recadar información concluínte sobre a situación dos Servizos Sociais.
"Estes dous documentos marcarán unha nova pauta que contribuirá a coñecer a realidade dun xeito moito máis fiable", apostilou.
Pola súa parte, a técnica da área de Acción Social, Paula Filgueiras explicou os cambios que se produciron nas bases das convocatorias de subvencións ás que poden concorrer as entidades durante o 2018.
Nomeadamente, Filgueiras estruturou a súa exposición de acordo ás liñas de axuda para o mantemento de Servizos Sociais FOAXE, de Políticas de Igualdade FOIOoA e o programa Sociosanitario FOCVAA, e por outra banda, a destinada a realización de investimentos, FOIE.
En canto aos prazos para concorrer as subvencións, a técnica da Deputación da Coruña sinalou que se poderán presentar as xustificacións da FOAXE, FOIE, FOCVAA e FOIO0A até o 29 de abril, e que o prazo para formalizar as solicitudes das tres primeiras opcións rematá o vindeiro día 30. Pola contra, o período para solicitar a liña FOIOoA esténdese até o día 8 de maio ás 14:00 horas.
Paula Filgueiras apuntou as condicións que teñen que cumprir as entidade de Servizos Sociais e Igualdade, cooperativas sen ánimo de lucro, os centros especiais de emprego e as Anpas e federacións de Anpas. Neste sentido, ademais de estar emprazadas ou levar a cabo a súa actividade na provincia da Coruña, as asociacións tamén deben estar rexistradas como prestadoras de cadanseu servizo nas respectivas administracións públicas que as rexen.
Entre as modificacións nas liñas de axuda da área de Benestar Social e Igualdade para o 2018, destaca o incremento orzamentario producido nas subvencións a conceder ás entidades respecto do pasado ano.
Deste xeito, as bases da FOAXE establecen un mínimo subvencionable de 1.000 euros para este exercicio e mantén a cantidade máxima nos 60.000 euros. Unha contía máxima idéntica á que presenta a liña de investimentos de servizos Sociais (FOIE).
Pola súa banda, a FOIO0A e a FOCVAA establecen un baremo de axudas de entre 1.000 e 40.000 para o mantemento de políticas de Igualdade de Xénero,
Finalmente, ademais dos cambios no orzamento, as bases destas convocatorias tamén recollen cambios nos criterios de valoración e puntuación asignados para a súa concesión.
Poden consultar información máis información sobre estas liñas de subvención nas seguintes ligazóns:
CONVOCATORIA FOAXE (MANTEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/12/2018_0000001912.pdf
CONVOCATORIA FOCVAA (PROGRAMA SOCIOSANITARIOS) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/12/2018_0000001915.pdf
CONVOCATORIA FOIE (INVESTIMENTO EN SERVIZOS SOCIAIS) http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/12/2018_0000001914.pdf
CONVOCATORIA FOIO0A (POLíTICAS DE IGUALDADE E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XéNERO)http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/03/28/2018_0000002351.

Temas:Administración pública, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Asociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar