Ficha biblioteca

Nova Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os Concellos da provincia de Pontevedra ano 2018
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación17/04/2018 FonteBOPPO
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa e emprego Tipo de contidoNovas, Bolsas, Programas ColectivosCidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición A Deputación de Pontevedra destina 2.110.992 a ofertar 200 bolsas de práctica laboral, 152 bolsas para diferentes concellos da provincia e 48 para a Deputación de Pontevedra
Detalles contido
Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os Concellos da provincia de Pontevedra ano 2018 A Deputación de Pontevedra destina 2.110.992 a ofertar 200 bolsas de práctica laboral, 152 bolsas para diferentes concellos da provincia e 48 para a Deputación de Pontevedra
17/04/2018|BOPPO

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 200 bolsas de práctica laboral, relacionadas no anexo I desta convocatoria e destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, segundo os casos, e sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

Condicións das persoas aspirantes

Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

1.—Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea

2.—Estar en posesión da titulación académica esixida no anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias

3.—Estar en posesión da titulación académica correspondente aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009

4.—Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa

5.—Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorra desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día da adxudicación das bolsas

6.—Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

7.—Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos

8.—Non renunciar con anterioridade de forma inxustificada a bolsas dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia

9.—Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra desde antes do 1 de xaneiro do ano 2017 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos

10.—Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego

11.—Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecemento, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin estar dado de alta como autónomo por un período de tempo superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa

12.—Acreditar o nivel Celga IV para as bolsas de titulacións universitarias e o Celga III para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional

13.—Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino

14.—Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS)

Dotación económica

A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel da titulación, será de oitocentos corenta (840,00) euros ao mes para as persoas con titulación universitaria e de setecentos corenta (740,00) euros ao mes para as de ciclos superiores de formación profesional, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 240.2410.481.01 e 240.2410.160.03.

O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou pola parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, independentemente da súa natureza, excepto as asistencias e indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar a entidade correspondente.

Estas bolsas configúranse como subvencións deste organismo provincial a persoas tituladas universitarias ou de ciclos de grao superior de formación profesional, para que poidan aplicar nos concellos colaboradores ou nos servizos da Deputación de Pontevedra os coñecementos adquiridos na formación académica impartida na universidade e nos ciclos de grao superior de formación profesional.

Non obstante, a entidade adxudicataria das bolsas de prácticas deberá sufragar os gastos de desprazamento e estancia orixinados pola realización, fóra da oficina ou da dependencia da entidade na que de forma habitual se desenvolven as prácticas, de determinados estudos e informes relacionados coa formación práctica da ou do bolseiro, de acordo cos límites previstos no Real decreto 462/2002, de indemnizacións por razón do servizo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO

Temas:Administración local, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar