Ficha biblioteca

Nova Listado definitivo dos integrantes da bolsa con 111 aspirantes para cubrir as prazas de secretarios, interventores e tesoureiros
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/05/2018 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Concurso/oposición ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a relación de persoas declaradas aptas para formar parte das bolsas para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
Detalles contido
Listado definitivo dos integrantes da bolsa con 111 aspirantes para cubrir as prazas de secretarios, interventores e tesoureiros Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a relación de persoas declaradas aptas para formar parte das bolsas para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
09/05/2018|DOG

Con data do 2 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aprobaban as listas definitivas do persoal que superara a proba tipo test e a de galego, no procedemento para selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, e se convocaba para a realización do curso de formación.

Finalizado o 30 de abril o curso de formación práctica en liña, convocado pola Escola Galega de Administración Pública, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de persoas declaradas aptas no curso práctico de formación pola Escola Galega de Administración Pública no portal Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia

Segundo. Publicar a relación de persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría e Intervención-Tesouraría para a selección de persoal interino para a cobertura de postos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das citadas subescalas, no portal Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Terceiro. Estas bolsas entrarán en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de exposición das persoas declaradas aptas tras a realización do curso de formación.

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar