Ficha biblioteca

Nova As medidas en marcha da Xunta e do Estado garanten que o 74% dos galegos terán acceso a redes de 100mbps no 2020
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/05/2018 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións OrganizaciónsAdministración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Ata 332.000 galegos se beneficiarán dos despregamentos de fibra óptica subvencionados por ambas administracións públicas con 35 millóns de euros
Detalles contido
As medidas en marcha da Xunta e do Estado garanten que o 74% dos galegos terán acceso a redes de 100mbps no 2020 Ata 332.000 galegos se beneficiarán dos despregamentos de fibra óptica subvencionados por ambas administracións públicas con 35 millóns de euros
16/05/2018|Amtega

O 74% dos galegos terá acceso a redes de 100Mbps en 2020, 15 puntos máis que a porcentaxe actual. Este incremento será posible grazas as subvencións publicas a operadores concedidas no marco do Plan de Banda Larga da Xunta e das convocatorias do Estado. Cun investimento conxunto de 35 millóns de euros ambas administracións facilitarán o acceso á fibra óptica a 332.000 galegos que carecen desta cobertura.

Así o avanzou esta mañá no Parlamento galego a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, nunha comparecencia a petición propia para dar conta de dous anos de execución da Axenda Dixital de Galicia 2020, a segunda elaborada polo actual Goberno galego.

A directora da Amtega destacou que a mellora da conectividade é unha prioridade desde 2009 para o actual Goberno galego, que elaborou o primeiro Plan Director de Banda Larga en 2010 para dotar de cobertura de internet básica a todo o territorio galego. Neste sentido, destacou a esforzo que se fixo para estender a cobertura de 3G en 11.000 núcleos, un servizo que os operadores adxudicatarios teñen a obrigatoriedade de evolucionar durante dez anos. Esta medida contribuíu a que Galicia sexa a primeira comunidade con cobertura 3G do Estado e a cuarta en tecnoloxía 4G.

Mar Pereira incidiu na importancia da tecnoloxía sen fíos no rural galego, xa que permite o á rede e facilita a cobertura móbil, unha demanda das zonas rurais máis illadas, e que beneficia tanto a habitantes como a visitantes.

Plan de Inclusión e Educación Dixital

Se a cobertura é un elemento esencial para a transformación dixital, a formación en TIC para dinamizar o seu uso tamén. Por iso a Axenda Dixital puxo en marcha o Plan de Inclusión Dixital de Galicia con máis de 700 aliados dixitais e o apoio da Rede de Aulas CeMIT para favorecer a capacitación dixital de todos os galegos. As 98 Aulas CeMIT contan con máis de 72.000 usuarios rexistrados e máis de 280.000 horas de formación gratuítas impartidas desde a súa creación.

A aposta pola transformación dixital das aulas constátase cos avances do Proxecto Abalar, que posibilitou que 12.000 rapaces estuden exclusivamente con libros dixitais, que todas as aulas públicas de primaria e secundaria conten con equipamento dixital e que durante este ano o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria dispoñan de conexións a internet de máis de 100 Mbps. Galicia será a primeira comunidade en completar a iniciativa “Escolas Conectadas”, en colaboración co Estado, para facilitar o acceso a redes ultrarrápidas en centros públicos.

Servizos Públicos Dixitais

Desde 2010 a Xunta vén sentado as bases dunha administración integramente dixital. Os indicadores de seguimento do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 constatan os avances neste ámbito. A día de hoxe as xestións online coa Xunta superan ás que se realizan de forma presenciais. Entre xaneiro e marzo deste ano máis do 51% das xestións rexistradas pola Administración autonómica presentáronse online, ben a través da sede electrónica ou das oficinas virtuais.

A nivel interno, as consultas dos empregados públicos á Plataforma de Interoperabilidade Pasaxe! evitaron aos cidadáns presentar máis de 1 millón de documentos, que xa están en poder da Administración como o DNI, certificados de familia numerosa ou discapacidade, títulos universitarios, etc. así ata 40 tipos de certificados

Economía Dixital

Con respecto aos sectores estratéxicos da economía galega a Axenda Dixital ten en macha plans tecnolóxicos innovadores como o Plan Smarturismo coa dixitalización integral dos procedementos de turismo para os axentes do sector, que levan máis de 9.000 expedientes xestionados a través da plataforma tecnolóxica Smarturismo. No eido cultural, a Memoria Dixital de Galicia xa permitiu a posta en marcha da nova Galiciana, que integra os documentos dixitalizados do Arquivo e da Biblioteca dixitais de Galicia. 

O Programa Primare está impulsar a dixitalización do agro coa posta en marcha dunha plataforma de servizos de valor engadido tanto para os agricultores como para a administración e no sector da pesca iniciou a dixitalización de 35 lonxas. Ademais, no ámbito forestal entra en funcionamento este ano unha nova rede de videovixilancia dixital forestal como apoio á prevención e seguimento dos incendios.

Impulso ao ecosistema dixital

Púxose en marcha o Plan DicoMindset para fomentar iniciativas tecnolóxicas baseadas nos contidos dixitais e porase en marcha unha aceleradora de contidos dixitais e o Plan DigiTalent para impulsar o talento dixital en Galicia, fomentando as vocacións tecnolóxicas

Os últimos datos sobre o Hipersector TIC galego sinalan que emprega a 21.973 traballadores, a maior cifra dos 5 últimos anos e que contribúe nun 2,1% ao PIB galego. 

Temas:Administración electrónica, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as, Outras administracións
Organizacións:Administración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar