Ficha biblioteca

Nova A Xunta consensúa coa Fegamp un modelo de declaración responsable simplificado para a autorización de festas populares
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/07/2018 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, ocio e deporte, Lecer Tipo de contidoDocumentos/Publicacións, Solicitudes ColectivosEntidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL), Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Simplifícase a tramitación das verbenas populares, que só precisará deste modelo de declaración responsable e dun seguro de responsabilidade civil
Detalles contido
A Xunta consensúa coa Fegamp un modelo de declaración responsable simplificado para a autorización de festas populares Simplifícase a tramitación das verbenas populares, que só precisará deste modelo de declaración responsable e dun seguro de responsabilidade civil
02/07/2018|Xunta

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) veñen de consensuar un modelo de declaración responsable simplificado que servirá para a tramitación de festas e verbenas populares. O documento xa está dispoñible na páxina web da Xunta, xunto con outra documentación actualizada para facilitar a comprensión da nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia.

A nova normativa, a primeira que regula o sector en Galicia, entrará en vigor este luns, 2 de xullo. Entre outras novidades, facilita o traballo dos organizadores e comisións de festas populares, que só precisarán presentar unha declaración responsable -como o modelo simplificado colgado na páxina web-, así como un seguro de responsabilidade civil.


De feito, un dos obxectivos desta normativa é simplificar a tramitación á hora de autorizar eventos, ao tempo que se conxugan estas actividades co mantemento da seguridade das persoas e dos dereitos dos consumidores.

Entre as principais novidades do texto, destaca que proporciona unha maior autonomía local, o que tamén redunda nunha simplificación dos trámites. Cédelle máis atribucións ás entidades locais, tanto á hora de autorizar os eventos que teñan lugar no seu termo municipal, como noutros factores como as ampliacións de horario ou a capacidade de inspección e sanción.

Por exemplo, ata o de agora, as autorización de actividades extraordinarias -eventos que se realizan en establecementos e que non están amparados pola súa licenza- precisaban da autorización da xefatura territorial da Xunta, previo informe de concello. Coa entrada en vigor da Lei, pasarán a depender exclusivamente do concello. Ademais, a Lei tamén faculta aos gobernos locais a regular por ordenanza as actividades de escasa entidade, de xeito que poderán eximilas de calquera trámite administrativo.

Ademais, a Lei tamén realiza unha condena expresa á discriminación de calquera tipo no dereito de admisión, prohibe a revenda de entradas; e tamén prohibe o acceso a espectáculos taurinos aos menores de 12 anos, cumprindo así o mandato parlamentario neste sentido.

Modelo de declaración responsable - autorizacións de verbenas e festas populares

Temas:Administración local, Cultura, ocio e deporte, Lecer
Colectivos:Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL), Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar