Ficha biblioteca

Evento Curso Básico de Prevención e Extinción de Incendios Forestais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/07/2018 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Emerxencias e seguridade cidadá Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición Este curso vai dirixido ao persoal das brigadas de prevención e defensa contra incendios dos concellos da provincia de Ourense e do servizo de Medio Ambiente e da Deputación Provincial Ourense que requiran unha cualificación especializada para realizar este tipo de tarefas
Detalles contido
LugarOurense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
16/07/2018 8:30 14:30
16/07/2018 16:00 20:00
17/07/2018 8:30 14:30
17/07/2018 16:00 19:00
23/07/2018 8:30 14:30
24/07/2018 8:30 14:30
Evento

“Curso Básico de Prevención e Extinción de Incendios Forestais”

1.- Destinatarios.

* Persoal das brigadas de prevención e defensa contra incendios dos concellos da provincia de Ourense e do servizo de Medio Ambiente e da Deputación Provincial Ourense que requiran unha cualificación especializada para realizar este tipo de tarefas.

2.- Desenvolvemento.

2.1.- Modalidade da acción formativa: curso presencial.

2.2.- Duración: 25 horas.

2.3.- Datas de realización: do 16 ao 24 de xullo de 2018 (2ª Edición)

2.4.- Días das sesións presenciais: 16, 17, 23 e 24 de xullo de 2018 (2ª Edición)

2.5.- Horario das sesións presenciais:

  • 2ª Edición: de 8.30 a 14.30h o 16 de xullo; de 16.00 a 20.00h o 17 de xullo; de 8:30 a 14:30h e de 16:00 a 19:00h o 23 de xullo; e de 8:30 a 14:30 o 24 de xullo.

2.6.- Lugar:

  • 2ª Edición: Aulas do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (Rúa do Progreso, 30. Ourense).

2.7.- Prazas: 20 participantes por edición.

2.8.- Número de edicións: dúas.

3.- Obxectivos.

* Proporcionar ao alumnado os coñecementos teóricos e prácticos que lles habiliten para realizar as operacións de ataque inicial e sostido, de control e de liquidación do incendio, dándolle a coñecer as ferramentas e técnicas necesarias, e as pautas para que poidan integrarse como unidade nunha estrutura de maior complexidade, todo dentro do marco de seguridade e eficacia máis adecuado, e de acordo aos protocolos de actuación.

* Formar as persoas participantes na interpretación visual do comportamento do lume para que poida predicir a súa evolución e establecer a seguridade das actuacións ou posicións dentro da zona de influencia do incendio.

* Facer partícipes aos/as asistentes dunha formación básica de carácter integral en materia de loita contra incendios, para a súa óptima intervención inicial ante situacións de emerxencia.

* Concienciar ao persoal das brigadas da necesidade de empregar os instrumentos e medios de traballo dunha forma segura e de que se protexan adecuadamente para evitar lesións.

4.- Programa.

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará cinco días naturais antes do inicio do curso,

Temas:Administración local, Emerxencias e seguridade cidadá
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar