Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Ourense logra un investimento de 3 millóns de euros para o proxecto: Provincia Turística Intelixente
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/09/2018 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición A iniciativa presentada pola Deputación á convocatoria de Red.es, denominada "Hay un Ourense para ti. Descúbrelo", "converterá a Ourense nun referente turístico aproveitando o potencial dos recursos provinciais e das tecnoloxías máis vangardistas", segundo afirmou Manuel Baltar.
Detalles contido
A Deputación de Ourense logra un investimento de 3 millóns de euros para o proxecto: Provincia Turística Intelixente A iniciativa presentada pola Deputación á convocatoria de Red.es, denominada "Hay un Ourense para ti. Descúbrelo", "converterá a Ourense nun referente turístico aproveitando o potencial dos recursos provinciais e das tecnoloxías máis vangardistas", segundo afirmou Manuel Baltar.
14/09/2018|Deputación de Ourense

A provincia de Ourense situarase na vangarda tecnolóxica dos recursos turísticos co desenvolvemento e posta en marcha do proxecto "Hay un Ourense para ti. Descúbrelo". A iniciativa da Deputación de Ourense, derivada do proxecto "Provincia Intelixente", incluído no Plan Ourense 15-19 de Manuel Baltar, vén de ser aprobada na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es e suporá para a provincia de Ourense unha inxección económica de tres millóns de euros —co-financiados aos 60 % polo Estado—, que se investirán na creación dunha plataforma integral de turismo intelixente que ofrecerá aos turistas servizos tecnolóxicos como: un portal web avanzado de información turística; unha aplicación móbil de turismo da provincia; un planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios; sistemas de Realidade Virtual; solucións de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con fotografías e vídeo.

En palabras do presidente do goberno provincial, este proxecto "converterá a Ourense nun referente turístico aproveitando o potencial dos recursos provinciais e das tecnoloxías máis vangardistas", afirma Manuel Baltar, quen remarca que este recoñecemento "corrobora o traballo de innovación na xestión, realizado pola Deputación no proxecto "Provincia Intelixente", colocando á nosa provincia como cumio da vangarda tecnolóxica no referente ás novas formas de xestionar os recursos turísticos".

O proxecto, enmárcase na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, na que se seleccionaron 24 iniciativas de 9 comunidades autónomas, cun montante económico total de 68,3 millóns de euros.

Ourense, punta de lanza en turismo

Manuel Baltar destaca o traballo realizado por Fernando Suárez, director da área de Transparencia da Deputación de Ourense e presidente do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, para acadar a aprobación deste proxecto de vangarda tecnolóxica, "que sitúa á Deputación de Ourense na punta de lanza da creatividade e da xestión da oferta turística dunha provincia como a nosa, que destaca polas súas singularidades nos ámbitos do termalismo, o turismo de natureza, as contornas e instalacións para a preparación de deportistas de alta competición e unha riqueza monumental, etnográfica e paisaxística das máis importantes do mundo".

A iniciativa que, no marco deste proxecto, porá en marcha a Deputación de Ourense, permitirá aos turistas que se acheguen á provincia dispoñer dun acceso rápido, sinxelo e intuitivo de toda a información de interese dos principais recursos turísticos da provincia (liña "Ourense ao teu alcance"); de servizos personalizados "baixo demanda" (liña "Sinte Ourense"), e terán acceso a experiencias inmersivas (liña "Ourense guíate").

Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías e as canles dixitais.

Tamén, entre as innovacións do proxecto destaca a interoperabilidade, xa que a plataforma será capaz de obter información de diferentes fontes de datos; e a potenciación dos turismos accesible, activo, termal e cultural, ademais de fomentar o carácter innovador do sector turístico da provincia a través de solucións TIC punteiras como son: Big Data, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, portais web de potenciación e Marketing Dixital.

En definitiva, a provincia de Ourense aplica innovacións tecnolóxicas de vangarda para unha nova forma de facer turismo, máis sustentable e personalizada, que fai da inmediatez e da conectividade a súa principal innovación para que o turista teña todo Ourense a un "clic" de distancia.

Temas:Administración electrónica, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar