Ficha biblioteca

Nova A Xunta abriu unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación20/11/2018 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empresas OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Por medio desta convocatoria regúlase a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
Detalles contido
A Xunta abriu unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas Por medio desta convocatoria regúlase a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
09/11/2018|Amtega

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións: (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Obxecto

Por medio desta resolución convócase a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, modificado tras a Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018 (procedemento administrativo PR604A), para o exercicio 2019.

 Bases reguladoras

As bases que rexerán esta convocatoria establécense na Resolución do 10 de marzo de 2017 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), xunto coas modificacións que se aproban na disposición derradeira primeira desta resolución.

 Crédito

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria de 600.000,00€ que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019. Este orzamento execútase dentro do código de proxecto 2016 00001 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Esta convocatoria tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto e ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro de 2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2019. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

3. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,50 % pola Xunta de Galicia no marco da submedida 7.3. de «apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular a súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda larga pasivas e a oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica» do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Contía da axuda

1. Os solicitantes deberán indicar no anexo I a porcentaxe de subvención que solicitan sobre os gastos subvencionables, o que será valorable de conformidade co disposto no artigo 19 das bases reguladoras.

2. A intensidade da subvención que se poida conceder a cada beneficiario coincidirá coa indicada na súa solicitude cun máximo de 20.000 € de subvención por proxecto subvencionado e beneficiario, sen menoscabo das limitacións adicionais que estableza o marco normativo de aplicación. Os proxectos subvencionados pertencentes a agrupacións de empresas tamén estarán limitados a este importe máximo por proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes fíxase desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (10 de novembro) ata o día 31 de xaneiro de 2019.

Convocatoria completa
Temas:Administración electrónica, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empresas
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar