Ficha biblioteca

Nova Dispoñibles trece novos servizos de cinco cedentes na plataforma de interoperabilidade pasaXe!
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación19/11/2018 FonteAMTEGA
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Interoperabilidade, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas, Procedementos, Servizos ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición trece novos servizos
Detalles contido
Dispoñibles trece novos servizos de cinco cedentes na plataforma de interoperabilidade pasaXe! As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición trece novos servizos
09/11/2018|AMTEGA

As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición trece novos servizos:

Un novo servizo para a consulta de datos da Xunta de Galicia

➢ Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia a Data Concreta.

Un novo servizo para a consulta de datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS):

➢ Consulta do Histórico de Prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade.

Tres novos servizos para a consulta de datos do Intervención General da Administración do Estado (IGAE):

➢ Consulta de Inhabilitación para Obter Subvencións e Axudas

➢ Cosulta de Concesións pola regra MINIMIS

➢ Consulta de Concesións de subvencións e axudas

Tres novos servizos para a consulta de datos da Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT )

➢ Estar ao Corrente de Obrigacións Tributarias con AEAT para Permisos de Residencia e Traballo para Estranxeiros

➢ Estar ao corrente de obrigacións tributarias (xenérico)

➢ Pensións públicas exentas

Cinco novos servizos para a consulta de datos da Dirección General de Ordenación del Juego (DGOJ)

➢ Descarga completa do rexistro de interdiccións ao xogo

➢ Descarga parcial do rexistro de interdiccións ao xogo

➢ Rexistro de alta no rexistro de interdiccións ao xogo

➢ Rexistro de baixa no rexistro de interdiccións ao xogo

➢ Rexistro de modificación no rexistro de interdiccións ao xogo


A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles.

Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

A través do portal de interoperabilidade pasaXe! as Entidades Locais de Galicia poden consultar 62 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, a AEAT, a D. X. da Polícía, a D. X. do Catastro, o Imserso, o INSS, o INE, o IGAE, a DGOJ o CRUE, o Muface, o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Cervantes. Na ficha do servizo de Eido Local, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.

Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eido Local a seguinte documentación:

• Nesta ligazon, unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de habilitación do servizo.

• Nesta ligazón, un modelo de resolución á implementación da interoperabilidade, que inclúe:

◦ Un modelo de resolución que pode adaptar ás necesidades da súa Entidade, no que se indica, para cada servizo/trámite/procedemento do Concello, que servizos de interoperabilidade van utilizar.

◦ Un modelo de formulario de oposición á consulta, para que os interesados poidan exercer o seu dereito de denegación expresa a que se consulten os datos.

 

Temas:Administración electrónica, Interoperabilidade, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar