Ficha biblioteca

Nova Último mes para solicitar as axudas da Xunta para dotar de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación27/12/2018 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAutónomos/as, Emigrantes OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición -O 31 de xaneiro de 2019 rematará o prazo no que poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de internet de cando menos 30 Mbps.
-A Xunta destinará 600.000 euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
-É a segunda convocatoria desta liña de axudas enmarcada no Plan de Banda Larga da Xunta, que complementa á actuación lanzada en 2016 para dotar de conexión a internet de ata 350Mbps a 81 polígonos industriais
Detalles contido
Último mes para solicitar as axudas da Xunta para dotar de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural -O 31 de xaneiro de 2019 rematará o prazo no que poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de internet de cando menos 30 Mbps.
-A Xunta destinará 600.000 euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
-É a segunda convocatoria desta liña de axudas enmarcada no Plan de Banda Larga da Xunta, que complementa á actuación lanzada en 2016 para dotar de conexión a internet de ata 350Mbps a 81 polígonos industriais
27/12/2018|Amtega

Superado o ecuador do prazo de solicitude, realízase unha última chamada a todos aqueles autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego que estean interesados nas axudas para a dotación de banda larga ultrarrápida.  

O próximo 31 de xaneiro porase fin ao prazo estipulado por esta nova convocatoria, que se publicou o pasado 9 de novembro no Diario Oficial de Galicia, e que forma parte da segunda actuación posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) xa no ano 2017 no marco do Plan de Banda Larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

Os interesados poderán presentar solicitude de forma individual, e como novidade desta segunda convocatoria tamén o poderán facer en agrupación de empresas, co obxecto neste segundo caso de facilitar a dotación dos servizos ultrarrápidos ás empresas e autónomos que se ubican en localizacións próximas.

Despois dos 500.000 € postos a disposición para as subvencións desta liña concedidas no 2017, a Amtega destina á segunda convocatoria outros 600.000 euros máis. As axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por proxecto. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Prazos e características da convocatoria

O prazo de solicitude, que comezou o pasado 10 de novembro, rematará o próximo 31 de xaneiro. Os interesado teñen aínda un mes por diante para presentar as súas solicitudes.

Os principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 megas e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.

Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Outras actuacións para a extensión de redes ultrarrápidas

Esta medida forma parte da segunda actuación do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que en xullo de 2016 puxo en marcha unha primeira actuación para conectar 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 Mbps, que non contan con cobertura de redes ultrarrápidas nin previsión de dispoñer deste servizo.

Deste xeito, tralo remate do mes de outubro de 2018 hai un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, que dispoñen de acceso a redes de máis de 100 Mbps.

Ademais, o Plan da Xunta conta cunha terceira actuación que se puxo en marcha neste ano 2018 e consiste en despregar fibra óptica en núcleos de 181 concellos de toda Galicia. Con este investimento público, que subvenciona o 90% dos custos do despregamento, facilitarase o acceso a redes de máis de 100Mbps a 74.400 galegos de núcleos de menos de 300 habitantes. Esta actuación súmase ás que está a desenvolver o Estado na Comunidade, que beneficiarán a máis de 439.000 persoas que viven en núcleos de maior tamaño.

Plan de Banda Larga 2020

O Plan de Banda Larga de Galicia 2020 foi aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, e asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

Mais información na sede electrónica https://sede.xunta.gal/ co código PR604A ou a través do correo oficina.bandalarga@xunta.gal ou no teléfono 981 957868

Temas:Administración electrónica, Sociedade da información, Tecnoloxía e telecomunicacións
Colectivos:Autónomos/as, Emigrantes
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar