Ficha biblioteca

Evento Curso de Inglés Básico para Persoal das Administracións Públicas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/01/2019 FonteBOP Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición o obxectivo básico do curso é formar aos/ás participantes na aprendizaxe e no uso básico da lingua inglesa para que sexan capaces de trasladar a aplicación dos coñecementos deste idioma aos seus postos de traballo.
Detalles contido
LugarOurense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
23/01/2019 17:00 20:00
30/01/2019 17:00 20:00
06/02/2019 17:00 20:00
13/02/2019 17:00 20:00
20/02/2019 17:00 20:00
27/02/2019 17:00 20:00
Evento

1.- Destinatarios.

* Persoal ao servizo das Corporacións locais con funcións técnicas ou administrativas e con postos que requiran comprensión e manexo de termos básicos en lingua inglesa.

* Persoal das entidades locais da provincia destinado en diferentes servizos con funcións de información e atención ao público.

2.- Desenvolvemento.

2.1.- Modalidade da acción formativa: curso semipresencial, on line.

2.2.- Duración: 90 horas; 72 horas en liña e 18 horas presenciais.

2.3.- Datas de realización: do 23 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2019.

2.4.- Días das sesións presenciais: 23 e 30 de xaneiro, 6, 13, 20 e 27 de febreiro de 2019.

2.5.- Horario das sesións presenciais: de 17:00 a 20:00 horas, os mércores.

2.6.- Lugar: Aulas de Informática do Grupo de Academia Postal. Ourense.

2.7.- Prazas: 20 participantes.

2.8.- Número de edicións: unha.

3.- Obxectivos.

* Formar aos/ás participantes na aprendizaxe e no uso básico da lingua inglesa para que sexan capaces de trasladar a aplicación dos coñecementos deste idioma aos seus postos de traballo.

* Ensinar a manexar a lingua inglesa nos procesos de comunicación oral e escrita xerados na actividade administrativa das corporacións locais no marco da Unión Europea.

* Desenvolver novas capacidades comunicativas e sensibilizar ao persoal da Administración sobre a importancia do coñecemento doutras linguas para o traballo en certas áreas das entidades locais.

* Mellorar a preparación lingüística e a eficacia persoal dos/das empregados/as da Administración Local e potenciar a súa capacidade de organización, comunicación e información.

* Reflexionar sobre as misións e formas de actuar que agora demanda o medio social do persoal ao servizo das corporacións locais e contribuír á mellora da súa imaxe pública.

* Ensinar ao alumnado un vocabulario básico en lingua inglesa e iniciar a súa capacidade de expresión oral e escrita neste idioma para que sexan capaces de desenvolverse a nivel elemental.

4.- Programa.

4.1. Relationships: 4.1.1. Romance. 4.1.2. Flatmates. 4.1.3. Family. 4.1.4. Neighbours. 4.2. Healthy life: 4.2.1. Resolutions. 4.2.2. At the doctor’s. 4.2.3. Diet and food. 4.2.4. Environment. 4.3. Work. 4.3.1. Working experiences. 4.3.2. Applying for a job. 4.3.3. The company. 4.3.4. Socializing. 4.4. Communication. 4.4.1. Oral communication. 4.4.2. Written communication. 4.4.3. Surfing the internet. 4.4.4. Computers.

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará sete días naturais antes do inicio do curso

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Enviar