Ficha biblioteca

Nova A Xunta integra na historia social electrónica a información do servizo de protección de menores
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/02/2019 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Infancia Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Incorpóranse á plataforma máis de 50.000 expedientes relativos a adopcións, acollementos familiares, protección de menores e permisos de convivencia
Detalles contido
A Xunta integra na historia social electrónica a información do servizo de protección de menores Incorpóranse á plataforma máis de 50.000 expedientes relativos a adopcións, acollementos familiares, protección de menores e permisos de convivencia
08/02/2019|Amtega

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Política Social, vén  de integrar na Historia Social única Electrónica (HSUE) a información procedente do ámbito de protección de menores, co obxectivo de ampliar a historia social dos cidadáns, na que xa estaban dispoñibles outros datos do  ámbito social como os relativos á dependencia, á discapacidade ou a  inclusión social, entre outros.

A integración da información do Servizo de protección de menores en HSUE supón a incorporación ás historias sociais únicas de máis de 50.000 cidadáns, de información de menores no sistema de protección, adopcións, acollementos familiares, e permisos de convivencia  Esta información supón un avance importante dende o punto de vista cualitativo, pola relevancia destes datos para contextualizar a contorna social dos cidadáns atendidos polo Servizo de protección de menores e as relación entre eles.

Máis de 650.000 historias sociais dispoñibles en HSUE
A HSUE é a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais, mellorando a eficiencia da xestión e a calidade da atención aos usuarios.

Dende xuño de 2016, cando se iniciou a implantación da Historia Social única Electrónica, a Amtega e a Consellería de Política Social traballan de forma continuada na mellora da plataforma coa posta en marcha de novas funcionalidades,  na integración de novos ámbitos de información así como na adhesión de novos concellos.

A día de hoxe, os traballadores sociais de máis 250 municipios teñen acceso á plataforma HSUE, na que están dispoñibles as historias sociais de máis de 650.000 cidadáns en formato electrónico. 

A extensión  da HSUE supón un fito no eido dos servizos sociais, similar á posta en marcha da Historia Clínica no eido sanitario, ao integrar nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas. Isto permite, en base a  análise e explotación dos datos, poder desenvolver políticas de prevención máis axustadas ás necesidades da poboación.

A plataforma proporciona unha identificación unívoca dos cidadáns e garante a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado electrónico por parte dos profesionais, que acceden só aos datos e información necesaria para o desenvolvemento do seu labor.

Modelo de teleasistencia avanzada
A Historia Social única Electrónica é un dos instrumentos que nun futuro facilitará o modelo de teleasistencia avanzada no fogar polo que aposta a Xunta de Galicia. 

A Administración autonómica está a traballar nun modelo de teleasistencia avanzada para prestar tanto servizos asistenciais a pacientes crónicos como a monitoraxe continua de persoas maiores no seu fogar para identificar situacións de risco de forma automática e comunicalas telemáticamente aos seus coidadores ou prestadores de  servizos. 

Este modelo modelo baséase nun único sistema tecnolóxico para os servizos sociais e sanitarios no fogar, sobre o que traballarán diferentes prestadores de servizos en cada un dos ámbitos.

Plan Trabe
O desenvolvemento da HSUE enmárcase no Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns ata o 2020, é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións dun terzo da poboación. 

Temas:Administración electrónica, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Infancia
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar