Ficha biblioteca

Nova Ampliación e actualización de méritos das bolsas de emprego para cubrir prazas de secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as municipais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación17/04/2019 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Concurso/oposición ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas
Detalles contido
Ampliación e actualización de méritos das bolsas de emprego para cubrir prazas de secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as municipais Convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas
11/04/2019|DOG

Pola Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 1 de decembro de 2017 efectuouse convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas. Na súa virtude, no 2018 elaboráronse as correspondentes bolsas para as subescalas de secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada que na actualidade seguen en vigor.

Esta dirección xeral considera necesaria a ampliación das ditas bolsas con novas inclusións ante o previsible incremento de postos vacantes nos concellos por mor dun importante número de xubilacións. Como novidade respecto da convocatoria anterior e seguindo o disposto no artigo 18 do Real decreto 128/2018, poderan solicitar a inclusión nestas bolsas aqueles que posúan calquera titulación universitaria exixida para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo A1.

Así mesmo, a presente convocatoria outorga a posibilidade de actualizar méritos aos actuais integrantes das bolsas.

Por outra banda, de acordo co disposto no artigo 53.2 do Real decreto 128/2018, o Ministerio de Política Territorial e Función Pública ditou a Orde TFP 297/2019, do 7 de marzo, publicada no BOE núm. 64, do 15 de marzo, que establece o procedemento para a elaboración da relación de candidatos que aproben algún exercicio das probas selectivas para o ingreso nas subescalas da escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional para os efectos de remitilas ás comunidades autónomas para a súa consideración na provisión con carácter interino de postos reservados a funcionarios de Administración local de carácter nacional. Por iso, na disposición adicional segunda desta resolución recóllese a posibilidade de integrar esa relación de aspirantes nas bolsas da Xunta de Galicia.

En virtude de todo o exposto, esta dirección xeral de Administración local realiza a presente convocatoria.

Obxecto

1. Efectúase a presente convocatoria para a ampliación e actualización das tres bolsas de ámbito autonómico que entraron en vigor o 10 de maio de 2018, para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia en cada unha das seguintes subescalas:

a) Secretaría-intervención.

b) Intervención-tesouraría.

c) Secretaría.

2. A presente convocatoria réxese polas disposicións contidas na Orde do 30 de novembro de 2017 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro), en especial polo disposto no seu capítulo II que establece as «bases das bolsas para a selección de persoal interino».

3. Non teñen obriga de presentar nova solicitude as persoas que xa forman parte de calquera das listas correspondentes ás subescalas de secretaría-intervención, secretaría e intervención-tesouraría en virtude da Resolución do 7 de maio, da Dirección Xeral de Administración Local publicada no DOG do 9 de maio de 2018, que se así o consideran, poderán presentar solicitude de actualización de méritos de conformidade co disposto no artigo 6 desta resolución.

Presentación de solicitudes para novas inclusións

1. Para ser admitidas na presente convocatoria, as persoas interesadas en solicitar nova inclusión presentarán a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR410A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que se incorpora a esta resolución como anexo I así como aboar as taxas ou xustificar a súa exención de conformidade co disposto no artigo 4 desta resolución.

A titulación e formación exixidas para participar neste procedemento permite aos aspirantes acceder e dispoñer dos medios necesarios para a presentación de solicitudes e realización doutros trámites regulados nesta resolución utilizando só medios electrónicos, dando así cumprimento á previsión do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Presentación de solicitudes de actualización de méritos

1. As persoas que forman parte das listas xa existentes, con independencia da súa situación actual, poderán actualizar os méritos valorados de conformidade co disposto no artigo 4 da Orde do 30 de novembro de 2017 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) e obtidos antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria dentro do prazo outorgado pola presente resolución.

Non se admitirá actualización de méritos nos casos de exclusión definitiva por renuncia ao destino sen a conformidade da entidade local.

2. Para a actualización de méritos deberán presentar o formulario anexo II, Actualización de méritos, debidamente cuberto na sede electrónica da Xunta de Galicia co código PR410B.

 

 

 

 

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar