Ficha biblioteca

Nova A Rede CeMIT conmemora o Día Mundial de Internet cunha programación especial durante a segunda quincena de maio
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/05/2019 FonteRede Cemit
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Novas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Desde o 15 ao 31 de maio ofrecerase actividades formativas para sensibilizar á sociedade sobre as vantaxes das tecnoloxías dixitais e o uso seguro da Rede
Detalles contido
A Rede CeMIT conmemora o Día Mundial de Internet cunha programación especial durante a segunda quincena de maio Desde o 15 ao 31 de maio ofrecerase actividades formativas para sensibilizar á sociedade sobre as vantaxes das tecnoloxías dixitais e o uso seguro da Rede
16/05/2019|Rede Cemit

Un ano máis, a Rede CeMIT celebra o Día Mundial de Internet, que terá lugar o vindeiro 17 de maio, cunha programación especial de actividades durante a segunda quincena de maio, que se suma ás iniciativas que diariamente se realizan desde a Rede CeMIT na que se ofrecerán máis de 240 actividades e 2.000 horas de formación.

As actividades programadas desde a Rede CeMIT con motivo deste día teñen como finalidade sensibilizar á sociedade galega sobre as posibilidades do uso da internet e así como da redución da fenda dixital e do fomento do uso seguro e responsable.

Grazas á colaboración dos aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 e á labor dos responsables das aulas CeMIT, entre o 15 e o 31 de maio, xunto coa programación habitual, ofrecerase un catálogo de actividades orientadas a nenas e nenos e adultos achegándolles ao eido da robótica, á seguridade en internet e ao uso de diferentes servizos dixitais.

Actividades programadas

Ao longo da segunda quincena do mes de maio están previstos a celebración de dous talleres de robótica educativa que serán impartidos polo aliado dixital Altia e que terán lugar nas aulas CeMIT de Padrón e Ames.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), tamén en calidade de aliado dixital, realizará dúas charlas sobre fake news e a seguridade na rede na aula CeMIT de Lugo e na aula CeMIT de Redondela, desde onde se retransmitirá por videoconferencia a outras aulas CeMIT.

Desde a aula CeMIT de Abengondo, o aliado dixital Serbelt Consultores, realizará un taller dirixido a particulares e autónomos sobre facturación con solución de código aberto.

Adicionalmente, de forma online, póñense a disposición dos cidadáns unha gran variedade de cursos a través da Plataforma de teleformación EMA (Espazo Multimedia de Aprendizaxe).

O único requisito para poder asistir a todas estas actividades gratuítas e programadas nas aulas CeMIT é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello ou a través da web http://cemit.xunta.gal.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer á cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

Aliad@s Dixitais

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta con máis de 800 aliados dixitais.

Temas:Administración electrónica, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar